{"id":1343,"date":"2019-09-03T10:15:48","date_gmt":"2019-09-03T10:15:48","guid":{"rendered":"https:\/\/fomentoprl.cec.es\/?p=1343"},"modified":"2019-09-10T10:36:20","modified_gmt":"2019-09-10T08:36:20","slug":"amianto","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/fomentoprl.cec.es\/index.php\/2019\/09\/03\/amianto\/","title":{"rendered":"Amianto"},"content":{"rendered":"<p><strong>Que \u00e9 o amianto e onde se atopa?<\/strong><\/p>\n<p>O <em>amianto<\/em> ou <em>asbesto<\/em> \u00e9 un mineral fibroso e flexible cunha gran resistencia \u00e1 rotura e \u00e1s altas temperaturas. Hai tres tipos de amianto:<\/p>\n<ul>\n<li>Amianto azul ou crocidolita<\/li>\n<li>Amianto marr\u00f3n ou amosita<\/li>\n<li>Amianto blanco ou crisotilo<\/li>\n<\/ul>\n<p>Foi un material amplamente utilizado no noso pa\u00eds desde os anos setenta ata que o seu uso e comercializaci\u00f3n prohib\u00edronse no ano 2002, pero non \u00e9 obrigatorio eliminar o que est\u00e1 colocado se non chegou ao final da s\u00faa vida \u00fatil.<\/p>\n<p>Debido a estas caracter\u00edsticas, o amianto empregouse nunha grande variedade de produtos, principalmente nos materiais de construci\u00f3n (recubrimento de tellados) e produtos de fricci\u00f3n (embrague de autom\u00f3biles, freos), materiais t\u00e9xtiles, envases e revestimentos.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Que risco ten o amianto?<\/strong><\/p>\n<p>O amianto est\u00e1 composto de fibras entrelazadas e finas que poden descompo\u00f1erse en fibras m\u00e1is pequenas que quedan suspendidas e transportadas a trav\u00e9s do aire, e poden ser inhaladas. Se as fibras son inhaladas e penetran no aparato respiratorio, estas afectan aos pulm\u00f3ns e \u00e1 membrana que envolve a estes, a <em>pleura<\/em>, producindo lesi\u00f3ns que poden acabar nunha enfermidade chamada <em>asbestose<\/em>. A xente que padece asbestose ten dificultade para respirar, con tose frecuente e, nalg\u00fans casos graves, dilataci\u00f3n do coraz\u00f3n.<\/p>\n<p>Outras enfermidades que provoca a inhalaci\u00f3n de fibras de amianto son o <em>cancro de pulm\u00f3n<\/em> e o <em>mesotelioma<\/em>. O mesotelioma \u00e9 un cancro da pleura. O cancro producido polo amianto non aparece a curto prazo sen\u00f3n transcorridos varios anos (existen estudos que marcan este tempo entre 15 e 60 anos). Esta \u00e9 a raz\u00f3n pola que actualmente seguen aparecendo traballadores\/as que estiveron expostos ao amianto hai anos. Ademais, o risco vese agravado nas persoas fumadoras, situaci\u00f3n que aumenta a probabilidade de sufrir algunha destas enfermidades nas persoas que estiveron expostas.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Onde se pode atopar o amianto?<\/strong><\/p>\n<p>As excelentes propiedades que presenta o amianto (illantes, mec\u00e1nicas, resistencia ao lume) explican a s\u00faa ampla utilizaci\u00f3n durante moitos anos. Utilizouse en numerosas aplicaci\u00f3ns industriais e na composici\u00f3n de moitos produtos, sendo moi destacable a s\u00faa utilizaci\u00f3n no <em>sector da construci\u00f3n<\/em> (protecci\u00f3n ign\u00edfuga, paneis ac\u00fasticos, calorifugado, baldosas e chans, placas de falso teito, fibrocemento, pinturas, asfaltos e masillas); tam\u00e9n se empregou na <em>industria t\u00e9xtil<\/em> (traxes illantes, mangueiras, cortinas) e na <em>fabricaci\u00f3n de medios de transporte<\/em>.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n se pode salientar un sector que engloba a aquelas profesi\u00f3ns que poden estar en contacto co amianto ao facer labores de <em>mantemento e reparaci\u00f3n<\/em>, como son albaneis, electricistas, carpinteiros, fontaneiros e traballadores de mantemento en xeral.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Quen est\u00e1 en risco?<\/strong><\/p>\n<p>Por unha banda, <strong>as persoas traballadoras<\/strong> que realizan traballos de demolici\u00f3n de construci\u00f3ns onde exista amianto ou materiais que o conte\u00f1an.<\/p>\n<p>Por outra banda, o <strong>p\u00fablico e a veci\u00f1anza<\/strong> dos lugares onde se realicen obras p\u00fablicas e civ\u00eds, f\u00e1bricas e despezamentos onde se manipula amianto.<\/p>\n<p>E ademais, os <strong>familiares das persoas traballadoras expostas<\/strong> que levan roupa de traballo contaminada con fibras de amianto \u00e1 casa ou que as transportan no seu pelo.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Lexislaci\u00f3n de referencia e \u00e1mbito de aplicaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p>Ademais dos principios e disposici\u00f3ns b\u00e1sicas inclu\u00eddas na <em>Lei 31\/1995, de prevenci\u00f3n de riscos laborais<\/em>, contamos co <em><u>Real Decreto 396\/2006, polo que se establecen as disposici\u00f3ns m\u00ednimas de seguridade e sa\u00fade aplicables aos traballos co risco de exposici\u00f3n ao amianto<\/u><\/em>, que \u00e9 a normativa espec\u00edfica de aplicaci\u00f3n para este axente. O Real Decreto establece as obrigas do empresario co gallo de establecer unhas condici\u00f3ns de traballo o m\u00e1is seguras posibles para os\/as traballadores\/as que te\u00f1en risco de exposici\u00f3n ao amianto.<\/p>\n<p>Este Real Decreto \u00e9 de aplicaci\u00f3n \u00e1s operaci\u00f3ns e actividades nas que as persoas traballadoras estean expostas ou sexan susceptibles de estar expostas \u00e1s fibras de amianto ou de materiais que o conte\u00f1an.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n hai que ter en conta as disposici\u00f3ns da <em><u>Orde de 27 de xu\u00f1o de 2018 pola que se regulan os procedementos e se aproban e se d\u00e1 publicidade dos modelos de solicitude e comunicaci\u00f3n relativos aos traballos con risco de exposici\u00f3n ao amianto en Galicia<\/u><\/em>, que regulan os procedementos e requisitos documentais a presentar ante a Autoridade Laboral para os traballos con risco por amianto.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Xesti\u00f3n preventiva do risco de exposici\u00f3n ao amianto<\/strong><\/p>\n<ol>\n<li><strong>Actuaci\u00f3ns administrativas<\/strong><\/li>\n<\/ol>\n<p>INSCRICI\u00d3N NO REXISTRO DE EMPRESAS CON RISCO POR AMIANTO (RERA)<\/p>\n<p>Todas as empresas que vaian realizar traballos nos que exista risco de exposici\u00f3n ao amianto deben estar inscritas no Rexistro de Empresas con Risco por Amianto da Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia, previamente ao inicio da actividade.<\/p>\n<p>A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electr\u00f3nicos a trav\u00e9s do portal da sede electr\u00f3nica da Xunta de Galicia.<\/p>\n<p>PLAN DE TRABALLO<\/p>\n<p>Antes do comezo de cada traballo se debe elaborar un plan de traballo que debe aprobar a Autoridade Laboral no prazo de 45 d\u00edas h\u00e1biles.<\/p>\n<p>A normativa contempla a posibilidade de presentar, especialmente en tarefas de mantemento e reparaci\u00f3n, un plan de traballo \u00fanico de car\u00e1cter xeral que poida servir para actividades similares, pero restrinxe esta posibilidade a operaci\u00f3ns de curta duraci\u00f3n con presentaci\u00f3n irregular ou que non se poidan programar con antelaci\u00f3n. Desta maneira, os plans de traballo poden ser:<\/p>\n<ul>\n<li><u>Plans de traballo espec\u00edficos para unha operaci\u00f3n<\/u>: para traballos programables e de duraci\u00f3n variable, especialmente en demolici\u00f3ns, retirada de amianto ou de materiais que o conte\u00f1an en edificios, estruturas, maquinaria, equipos e instalaci\u00f3ns.<\/li>\n<li><u>Plan de traballo de car\u00e1cter xeral<\/u>: para operaci\u00f3ns de curta duraci\u00f3n con presentaci\u00f3n irregular ou non programables con antelaci\u00f3n, particularmente nos casos de mantemento e reparaci\u00f3n, poderase substitu\u00edr a presentaci\u00f3n dun plan de traballo para cada operaci\u00f3n por un plan de traballo de car\u00e1cter xeral, referido ao conxunto destas actividades, no que se conte\u00f1an as especificaci\u00f3ns para ter en conta no desenvolvemento das mesmas. Con todo, o devandito plan deber\u00e1 ser actualizado se cambian de xeito significativo as condici\u00f3ns de execuci\u00f3n.<\/li>\n<\/ul>\n<p>O plan de traballo e os documentos anexos presentaranse obrigatoriamente por medios electr\u00f3nicos a trav\u00e9s do portal da sede electr\u00f3nica da Xunta de Galicia (<a href=\"https:\/\/sede.xunta.gal\/buscador?c=&amp;termo=amianto\">https:\/\/sede.xunta.gal\/buscador?c=&amp;termo=amianto<\/a> ).<\/p>\n<p>Na redacci\u00f3n dos plans de traballo terase en conta todas as disposici\u00f3ns inclu\u00eddas no artigo 11 do RD 396\/2006.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<ol start=\"2\">\n<li><strong>Actuaci\u00f3ns t\u00e9cnicas<\/strong><\/li>\n<\/ol>\n<p>IDENTIFICACI\u00d3N DE MATERIAIS CON AMIANTO<\/p>\n<p>As actuaci\u00f3ns t\u00e9cnico-preventivas ante o risco de exposici\u00f3n ao amianto comezan coa <strong>identificaci\u00f3n dos materiais que poden conter amianto <\/strong>na s\u00faa composici\u00f3n (MCA) nos traballos que se vaian a executar (demolici\u00f3n, mantemento, etc). O\/a empresario\/a ten a obriga de identificar estes materiais, avaliar os riscos das tarefas con exposici\u00f3n ao amianto e, ademais, ten que inclu\u00edr a medici\u00f3n da concentraci\u00f3n de fibras de amianto no aire do lugar de traballo e a comparaci\u00f3n cos valores l\u00edmites legais establecidos.<\/p>\n<p>ACTUACI\u00d3NS T\u00c9CNICAS DE PREVENCI\u00d3N<\/p>\n<p>Segundo as disposici\u00f3ns do RD 396\/2006, aplicaranse medidas tendentes a:<\/p>\n<ul>\n<li><strong>Avaliaci\u00f3n e control do ambiente de traballo<\/strong>: realizaci\u00f3n da avaliaci\u00f3n de riscos con inclusi\u00f3n da medici\u00f3n da concentraci\u00f3n de fibras de amianto no aire do lugar de traballo, e posteriores controis peri\u00f3dicos das condici\u00f3ns de traballo.<\/li>\n<li><strong>Medidas t\u00e9cnicas de prevenci\u00f3n<\/strong>: aplicaci\u00f3n de medidas eficaces no control de emisi\u00f3n de fibras de amianto ao aire, de maneira que reduzan a emisi\u00f3n de fibras, que dimin\u00faan a dispersi\u00f3n de fibras ao ambiente, que faciliten a limpeza e descontaminaci\u00f3n da zona de traballo.<\/li>\n<li><strong>Medidas organizativas<\/strong>: reduci\u00f3n do n\u00famero de persoas traballadoras expostas, sinalizaci\u00f3n e delimitaci\u00f3n dos lugares de traballo onde se realicen traballos con risco por amianto.<\/li>\n<li><strong>Utilizaci\u00f3n de equipos de protecci\u00f3n individual das v\u00edas respiratorias<\/strong> cando a aplicaci\u00f3n das medidas t\u00e9cnicas e organizativas resulte insuficiente.<\/li>\n<li><strong>Medidas de hixiene persoal e de protecci\u00f3n individual<\/strong>: posta a disposici\u00f3n de instalaci\u00f3ns sanitarias axeitadas, roupa de protecci\u00f3n, instalaci\u00f3n para separar a roupa de traballo da persoal, lugar de almacenamento dos equipos de protecci\u00f3n.<\/li>\n<li><strong>Formaci\u00f3n das persoas traballadoras<\/strong>: garantirase unha formaci\u00f3n axeitada sobre os riscos de exposici\u00f3n ao amianto co contido exposto no artigo 13 do RD 396\/2006.<\/li>\n<li><strong>Informaci\u00f3n \u00e1s persoas traballadoras<\/strong>: recibir\u00e1n a informaci\u00f3n sobre os riscos e medidas a ter en conta para os traballos con risco por amianto.<\/li>\n<li><strong>Consulta e participaci\u00f3n das persoas traballadoras<\/strong>.<\/li>\n<li><strong>Vixilancia da sa\u00fade das persoas traballadoras<\/strong>.<\/li>\n<\/ul>\n<p>O SERGAS ten un programa de control da vixilancia da sa\u00fade das persoas traballadoras que estiveron ou est\u00e1n expostas ao amianto segundo o protocolo de vixilancia sanitaria espec\u00edfica do MSSSI (<a href=\"https:\/\/www.sergas.es\/Saude-publica\/Amianto--Vixilancia-da-sa%C3%BAde-laboral?idioma=es\">https:\/\/www.sergas.es\/Saude-publica\/Amianto&#8211;Vixilancia-da-sa%C3%BAde-laboral?idioma=es<\/a> ).<\/p>\n<p>A sa\u00fade das persoas postexpostas inactivas (non traballan xa nas empresas onde foi a exposici\u00f3n) debe ser vixiada a trav\u00e9s do Servicio Nacional de Sa\u00fade.<\/p>\n<p>A vixilancia das postexpostas activas (a\u00ednda traballan na empresa onde foi a exposici\u00f3n, pero non expostas ao amianto) e as expostas (traballan na actualidade en postos con exposici\u00f3n ao amianto) corresponde a s\u00faa empresa a trav\u00e9s do seu Servizo de Prevenci\u00f3n.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Fontes:<\/p>\n<p>Instituto de Seguridade e Sa\u00fade Laboral de Galicia (ISSGA)\u00a0 <a href=\"http:\/\/issga.xunta.gal\">http:\/\/issga.xunta.gal<\/a><\/p>\n<p>Servizo Galego de Sa\u00fade <a href=\"https:\/\/www.sergas.es\/Saude-publica\/Vixilancia-da-sa%C3%BAde-laboral\">https:\/\/www.sergas.es\/Saude-publica\/Vixilancia-da-sa%C3%BAde-laboral<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Que \u00e9 o amianto e onde se atopa? O amianto ou asbesto \u00e9 un mineral fibroso e flexible cunha gran [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":6,"featured_media":1376,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2],"tags":[70,74,65,54,59,32,31,28,41,36,30,55,25],"class_list":["post-1343","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog","tag-55-anos","tag-amianto","tag-benestar","tag-condicions-ambientais","tag-condicions-de-traballo","tag-control-da-saude","tag-estado-de-saude","tag-lei-prl","tag-lugares-de-traballo","tag-oms","tag-riscos-do-traballo","tag-saude","tag-vixiancia-da-saude"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/fomentoprl.cec.es\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1343","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/fomentoprl.cec.es\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/fomentoprl.cec.es\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/fomentoprl.cec.es\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/6"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/fomentoprl.cec.es\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1343"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/fomentoprl.cec.es\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1343\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1346,"href":"https:\/\/fomentoprl.cec.es\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1343\/revisions\/1346"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/fomentoprl.cec.es\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1376"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/fomentoprl.cec.es\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1343"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/fomentoprl.cec.es\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1343"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/fomentoprl.cec.es\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1343"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}