{"id":1369,"date":"2019-09-19T08:43:12","date_gmt":"2019-09-19T06:43:12","guid":{"rendered":"https:\/\/fomentoprl.cec.es\/?p=1369"},"modified":"2019-10-09T12:21:45","modified_gmt":"2019-10-09T10:21:45","slug":"medidas-preventivas-en-persoas-traballadoras-55","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/fomentoprl.cec.es\/index.php\/2019\/09\/19\/medidas-preventivas-en-persoas-traballadoras-55\/","title":{"rendered":"Medidas preventivas en +55"},"content":{"rendered":"<p>O envellecemento da poboaci\u00f3n \u00e9 un fen\u00f3meno presente e xeneralizado en todas as sociedades modernas.<\/p>\n<p>A <strong>mellora na calidade de vida<\/strong>, que infl\u00fae directamente na esperanza de vida, e o descenso da natalidade fai que a poboaci\u00f3n de m\u00e1is idade predomine proporcionalmente na poboaci\u00f3n traballadora. As contornas laborais at\u00f3panse en permanente transformaci\u00f3n e con elas pres\u00e9ntanse cambios nas condici\u00f3ns de traballo que deben terse en conta con relaci\u00f3n \u00e1 prevenci\u00f3n de riscos.<\/p>\n<p>Os cambios da estrutura de idade da man de obra te\u00f1en e ter\u00e1n consecuencias para a seguridade e sa\u00fade das persoas traballadoras; esta situaci\u00f3n demogr\u00e1fica c\u00f3mpre tela en conta para previr os chamados <em>riscos novos ou emerxentes<\/em>. As empresas deben establecer pol\u00edticas que vaian encami\u00f1adas cara \u00e1 adaptaci\u00f3n do posto de traballo \u00e1 persoa traballadora, sen depender da s\u00faa condici\u00f3n f\u00edsica ou idade.<\/p>\n<p>No eido europeo e mundial v\u00e9\u00f1ense realizando investigaci\u00f3ns relacionadas con este <strong>envellecemento<\/strong> para dese\u00f1ar pol\u00edticas preventivas ante esta situaci\u00f3n que se pode apreciar nas seguintes figuras:<\/p>\n<p><strong>Figura 1: pir\u00e1mide de poboaci\u00f3n da UE ano 2020<\/strong><\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"size-medium wp-image-1370 aligncenter\" src=\"https:\/\/fomentoprl.cec.es\/wp-content\/uploads\/2019\/09\/1-300x206.png\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"206\" srcset=\"https:\/\/fomentoprl.cec.es\/wp-content\/uploads\/2019\/09\/1-300x206.png 300w, https:\/\/fomentoprl.cec.es\/wp-content\/uploads\/2019\/09\/1.png 622w\" sizes=\"auto, (max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/p>\n<p><strong>Figura 2: pir\u00e1mide de poboaci\u00f3n da UE ano 2050<\/strong><\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"size-medium wp-image-1371 aligncenter\" src=\"https:\/\/fomentoprl.cec.es\/wp-content\/uploads\/2019\/09\/2-300x193.png\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"193\" srcset=\"https:\/\/fomentoprl.cec.es\/wp-content\/uploads\/2019\/09\/2-300x193.png 300w, https:\/\/fomentoprl.cec.es\/wp-content\/uploads\/2019\/09\/2.png 648w\" sizes=\"auto, (max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/p>\n<p><strong>Figura 3: pir\u00e1mide de poboaci\u00f3n Espa\u00f1a. Comparativa 2014-2060<\/strong><\/p>\n<p><strong>\u00a0<img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"size-medium wp-image-1372 aligncenter\" src=\"https:\/\/fomentoprl.cec.es\/wp-content\/uploads\/2019\/09\/3-300x215.png\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"215\" srcset=\"https:\/\/fomentoprl.cec.es\/wp-content\/uploads\/2019\/09\/3-300x215.png 300w, https:\/\/fomentoprl.cec.es\/wp-content\/uploads\/2019\/09\/3.png 620w\" sizes=\"auto, (max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>A promoci\u00f3n dos estilos de vida saudables como actuaci\u00f3n preventiva<\/strong><\/p>\n<p>A conduta sedentaria da poboaci\u00f3n nas derradeiras d\u00e9cadas fixo que as enfermidades asociadas \u00e1 inactividade f\u00edsica se convertan nun dos maiores problemas de sa\u00fade p\u00fablica do mundo, segundo datos da Organizaci\u00f3n Mundial da Sa\u00fade (OMS). A promoci\u00f3n dos estilos de vida saudables por parte das empresas in\u00edciase desde a base de que o seu fomento est\u00e1 directamente relacionado coa boa sa\u00fade das persoas traballadoras para loitar contra a crecente estat\u00edstica de enfermidades relacionadas co <strong>sedentarismo<\/strong> e os <strong>h\u00e1bitos non saudables<\/strong>.<\/p>\n<p>Tendo en conta que a <strong>OMS<\/strong> define como <strong>sa\u00fade<\/strong> o \u00ab<em>estado de benestar f\u00edsico, mental e social completo<\/em>\u00bb, \u00a0\u00e9 evidente que os <strong>h\u00e1bitos de vida saudables<\/strong> <strong>repercuten moi positivamente na sa\u00fade f\u00edsica das persoas traballadoras pero tam\u00e9n na s\u00faa sa\u00fade mental e relacionadas coa s\u00faa satisfacci\u00f3n laboral.<\/strong><\/p>\n<p>Na actualidade, <strong>traballo, benestar e sa\u00fade<\/strong> son conceptos moi relacionados entre si, convert\u00e9ndose o traballo nun pilar fundamental que sustenta a <strong>calidade de vida das persoas<\/strong>.<\/p>\n<p>A diminuci\u00f3n da poboaci\u00f3n activa prevista obrigar\u00e1 \u00e1s empresas a se adaptar \u00e1 realidade das persoas traballadoras<em> maiores<\/em>; c\u00f3mpre p\u00f3r en marcha mecanismos que favorezan os estilos de vida saudables en toda a s\u00faa extensi\u00f3n.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>As condici\u00f3ns de seguridade e sa\u00fade laboral e factores de risco das persoas traballadoras maiores<\/strong><\/p>\n<p>A permanencia das persoas traballadoras maiores +55 e as condici\u00f3ns de traballo est\u00e1n intimamente relacionadas. A <strong>OMS<\/strong> recomenda dese\u00f1ar pol\u00edticas e programas tendo en conta este novo escenario laboral e intentando non exclu\u00edr a ning\u00fan traballador por condici\u00f3n da s\u00faa idade. \u00a0\u00c9 fundamental unha <strong>adaptaci\u00f3n axeitada<\/strong> das condici\u00f3ns de traballo e un <strong>desenvolvemento rigoroso das medidas preventivas<\/strong> que coiden a sa\u00fade das mesmas e adapten os postos de traballo \u00e1s s\u00faas necesidades. <strong>Canta mellor sexa a prevenci\u00f3n m\u00e1is baixas ser\u00e1n a diminuci\u00f3n de produtividade<\/strong> (porque os postos de traballo estar\u00e1n adaptados e as persoas traballadoras formadas para realizar una tarefa m\u00e1is axeitada \u00e1s s\u00faas caracter\u00edsticas individuais) e, tam\u00e9n, <strong>menores ser\u00e1n os problemas de sa\u00fade e absentismo laboral<\/strong> (porque o control ambiental das condici\u00f3ns de traballo estar\u00e1 controlado e os reco\u00f1ecementos m\u00e9dicos permitir\u00e1n actuar a tempo).<\/p>\n<p>En canto aos <strong>factores de risco<\/strong> das persoas traballadoras maiores +55, diferentes organismos e estudos expo\u00f1en que est\u00e1n m\u00e1is expostas ao risco de padecer <strong>trastornos m\u00fasculoesquel\u00e9ticos<\/strong> (<strong>TME<\/strong>), entre outras raz\u00f3ns, debido ao envellecemento que reduce a forza muscular e o grao de mobilidade das articulaci\u00f3ns. Da mesma maneira, as ca\u00eddas, esvaramentos e tropezos poder\u00edan verse motivadas por un empeoramento do equilibrio, menor capacidade de reacci\u00f3n, problemas visuais, etc.<\/p>\n<p>Outro dos factores de risco importantes neste colectivo \u00e9 o efecto dos <strong>factores psicosociais<\/strong>, entre os que se atopan os provocados por :<\/p>\n<ul>\n<li>probable desactualizaci\u00f3n profesional en procesos de constante evoluci\u00f3n tecnol\u00f3xica,<\/li>\n<li>peor adaptaci\u00f3n \u00e1s estruturas horarias e \u00e1 duraci\u00f3n da xornada laboral,<\/li>\n<li>deficiencias nos plans formativos para chegar \u00e1s necesidades das persoas traballadoras +55,<\/li>\n<li>inadecuado dese\u00f1o das tarefas e baixo nivel de motivaci\u00f3n das persoas traballadoras +55.<\/li>\n<\/ul>\n<p>O paso dos anos de carreira laboral pode proporcionar certas <strong>vantaxes<\/strong> \u00e1s persoas traballadoras maiores como son a experiencia, a capacidade para resolver problemas complexos, pequenos trucos, maior paciencia e serenidade, etc. Favorecer os recursos que permitan a transferencia de co\u00f1ecementos e experiencias entre as persoas traballadoras maiores e novas \u00e9 un punto clave.<\/p>\n<p>Numerosos estudos cient\u00edficos indican que o rendemento da persoa traballadora non ten por que verse afectado con el paso da idade, posto que a mellora nuns aspectos compensa o deterioro doutros.<\/p>\n<p><strong>Prevenci\u00f3n de riscos para as persoas traballadoras +55<\/strong><\/p>\n<p>O envellecemento da poboaci\u00f3n implica que as persoas traballadoras de idade avanzada sexan unha porcentaxe crecente de man de obra. Este feito obriga \u00e1s empresas a ter en conta que nos seus cadros de persoal haxa cada vez m\u00e1is persoas traballadoras +55 e isto, atendendo \u00e1s disposici\u00f3ns da Lei de Prevenci\u00f3n de Riscos Laborais (en particular sobre a obriga do empresario de asegurar a seguridade e sa\u00fade das s\u00faas persoas traballadoras) fai que se te\u00f1an que introducir <strong>axustes nos postos de traballo<\/strong> de maneira que non reduzan a produtividade pero tampouco a seguridade e sa\u00fade das persoas traballadoras.<\/p>\n<p>Para acadar este obxectivo haber\u00e1 que primar aspectos que non se adoitaban ter en conta nas avaliaci\u00f3ns de riscos coa debida importancia, como son o <strong>efecto dos riscos no colectivo de T +55 das empresas<\/strong>, <strong>h\u00e1bitos de vida saudables<\/strong>, <strong>formaci\u00f3n para unha correcta ergonom\u00eda e benestar<\/strong> e sobre o <strong>dese\u00f1o dos postos<\/strong>. Coa idade se produce un incremento na vulnerabilidade dos accidentes de traballo, polo que pode e debe ser considerado como un risco novo e emerxente.<\/p>\n<p>Os elementos a ter en conta nas avaliaci\u00f3ns de riscos para as persoas traballadoras +55 son:<\/p>\n<ul>\n<li><strong><em>Riscos relacionados coa seguridade no traballo<\/em><\/strong>\n<ul>\n<li>Cambios fisiol\u00f3xicos: diminuci\u00f3n da forza muscular para a realizaci\u00f3n de tarefas que requiren esforzo f\u00edsico.<\/li>\n<li>Maior probabilidade de sufrir trastornos na columna vertebral.<\/li>\n<li>Menor mobilidade das articulaci\u00f3ns.<\/li>\n<\/ul>\n<\/li>\n<li><strong><em>Riscos relacionados coa hixiene industrial<\/em><\/strong>\n<ul>\n<li>Diferentes niveis de tolerancia \u00e1 exposici\u00f3n a diferentes t\u00f3xicos.<\/li>\n<li>Menor tolerancia ao fr\u00edo e ao calor.<\/li>\n<li>Alteraci\u00f3ns visuais e auditivas que poden afectar \u00e1 capacidade de reacci\u00f3n das persoas traballadoras ante diferentes est\u00edmulos.<\/li>\n<\/ul>\n<\/li>\n<li><strong><em>Riscos relacionados coa ergonom\u00eda e psicosociolox\u00eda<\/em><\/strong>\n<ul>\n<li>Diminuci\u00f3n da forza muscular e das articulaci\u00f3ns.<\/li>\n<li>Diminuci\u00f3n da mobilidade e da elasticidade.<\/li>\n<li>Diminuci\u00f3n da capacidade de atenci\u00f3n, percepci\u00f3n e toma de decisi\u00f3ns.<\/li>\n<\/ul>\n<\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Marco legal das persoas traballadoras +55<\/strong><\/p>\n<p>O colectivo das persoas traballadoras +55 non disp\u00f3n de ningunha normativa espec\u00edfica de seguridade laboral, o que implica que lles aplica a normativa de car\u00e1cter xeral, isto \u00e9, a <strong>Lei 31\/1995, de Prevenci\u00f3n de Riscos Laborais<\/strong>.<\/p>\n<p>Segundo o artigo 14 da dita lei \u201cO empresario realizar\u00e1 la prevenci\u00f3n dos riscos laborais mediante a <strong>integraci\u00f3n da actividade preventiva<\/strong> na empresa e a adopci\u00f3n de cantas medidas sexan necesarias para a protecci\u00f3n da seguridade e a sa\u00fade dos traballadores\u201d.<\/p>\n<p>Estas obrigaci\u00f3ns son tam\u00e9n aplicables para as persoas traballadores maiores de 55 anos, segundo o artigo 25 (<strong>protecci\u00f3n de traballadores especialmente sensibles<\/strong> a determinados riscos). C\u00f3mpre recordar o que establece a Lei de PRL neste artigo \u201c<em>O empresario garantir\u00e1 de maneira espec\u00edfica a protecci\u00f3n dos traballadores que, polas s\u00faas propias caracter\u00edsticas persoais ou estado biol\u00f3xico co\u00f1ecido, inclu\u00eddos aqueles que te\u00f1an reco\u00f1ecida a situaci\u00f3n de discapacidade f\u00edsica, ps\u00edquica ou sensorial, sexan especialmente sensibles aos riscos derivados do traballo. A tal fin, deber\u00e1 ter en conta os devanditos aspectos nas avaliaci\u00f3ns dos riscos e, en funci\u00f3n destas, adoptar\u00e1 as medidas preventivas e de protecci\u00f3n necesarias<\/em>\u201d.<\/p>\n<p>En definitiva, as empresas deben establecer pol\u00edticas que vaian encami\u00f1adas cara \u00e1 adaptaci\u00f3n do posto de traballo ao traballador, sen depender da s\u00faa condici\u00f3n f\u00edsica ou idade.<\/p>\n<p><strong>Como medidas preventivas derivadas da influencia da capacidade f\u00edsica, a persoa empresaria pode:<\/strong><\/p>\n<ul>\n<li>Adaptar as funci\u00f3ns \u00e1 persoa traballadora, reducindo a carga f\u00edsica respecto \u00e1s persoas traballadoras mais novas.<\/li>\n<li>Se o traballo consiste no traslado ou manexo de cargas pesadas, ha de ter en conta que a persoa traballadora maior de 55 anos non conta coa mesma potencia f\u00edsica.<\/li>\n<li>Adaptaci\u00f3n do posto de traballo. Medidas como a dotaci\u00f3n de cadeiras e mesas regulables, establecer per\u00edodos de descanso con maior frecuencia, rotaci\u00f3n nas tarefas realizadas&#8230;<\/li>\n<li>Promover correctos e suficientes descansos para ter o tempo de recuperaci\u00f3n necesario ante a realizaci\u00f3n de esforzo f\u00edsico.<\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Como medidas preventivas derivadas da influencia da vista, a persoa empresaria pode:<\/strong><\/p>\n<ul>\n<li>Incrementar a cantidade de luz nos lugares que sexa necesario e, na medida do posible, procurar que a persoa traballadora te\u00f1a a posibilidade de regular os sistemas de iluminaci\u00f3n ambiental e os sistemas de visualizaci\u00f3n e as\u00ed adaptalos \u00e1s s\u00faas necesidades.<\/li>\n<li>Evitar materiais con superficies reflectantes que podan provocar dificultade de visi\u00f3n e polo tanto de percepci\u00f3n da mensaxe. Recom\u00e9ndanse utilizar acabados mates en todas as superficies.<\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Como medidas preventivas derivadas da influencia do o\u00eddo, a persoa empresaria pode:<\/strong><\/p>\n<ul>\n<li>Dotar \u00e1s persoas traballadoras de reguladores de intensidade da sinal dos avisos sonoros, co fin de adaptalos \u00e1s s\u00faas condici\u00f3ns auditivas.<\/li>\n<li>Combinar sinais visuais e sonoras<\/li>\n<li>Env\u00edo de mensaxes claros e inequ\u00edvocos ou reducir ao m\u00e1ximo o ru\u00eddo de fondo.<\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Como medidas preventivas derivadas da influencia da funci\u00f3ns cognitivas, a persoa empresaria pode:<\/strong><\/p>\n<ul>\n<li>Dotar de maior tempo de resposta. Dilatar mais no tempo a necesidade de obter resposta da persoa traballadora a un proceso.<\/li>\n<li>Reducir a carga excesiva de informaci\u00f3n.<\/li>\n<li>Evitar a necesidade de recordar moita informaci\u00f3n por parte da persoa traballadora maior.<\/li>\n<li>Simplificar ou mecanizar na medida do posible as tarefas asignadas \u00e1s persoas traballadoras maiores, xa que o tempo de reacci\u00f3n ante est\u00edmulos aumenta coa idade, o que pode derivar en incidentes ou accidentes.<\/li>\n<\/ul>\n<p><strong>\u00a0<\/strong><\/p>\n<p><strong>Outras medidas preventivas derivadas do horario de traballo, a persoa empresaria pode: <\/strong><\/p>\n<ul>\n<li>Evitar expo\u00f1er a traballos a quendas (especialmente si incl\u00fae o nocturno) \u00e1s persoas maiores de 55 anos. Realizar controles m\u00e9dicos espec\u00edficos para evitar a aparici\u00f3n de trastornos do sono, dixestivos, nerviosos\u2026<\/li>\n<li>Reducir a carga de traballo nas quendas de noite. Dotar ao menos dunha xornada completa de descanso cada dous ou tres quendas de noite consecutivas.<\/li>\n<li>Adaptar as avaliaci\u00f3ns de riscos aos factores que afectan directamente \u00e1 idade e antig\u00fcidade da persoa traballadora.<\/li>\n<li>Establecer unha adecuada planificaci\u00f3n da actividade preventiva, tendo en conta os resultados obtidos, que incl\u00faa un programa adecuado da vixilancia da sa\u00fade espec\u00edfica en funci\u00f3n dos riscos e adaptada \u00e1 idade do traballador, na que se te\u00f1an en conta factores vinculados ao envellecemento e as patolox\u00edas ou doenzas derivadas deste proceso natural.<\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Fontes:<\/p>\n<p>Axencia Europea para a Seguridade e Sa\u00fade no Traballo (OSHA)\u00a0 <a href=\"https:\/\/osha.europa.eu\/es\">https:\/\/osha.europa.eu\/es<\/a><\/p>\n<p>CEOE. Medidas preventivas para empresas con traballadores maiores de 55 anos <a href=\"https:\/\/prl.ceoe.es\/wp-content\/uploads\/2018\/11\/Mayores-B-Folleto-CEOE_A5-1110_web.pdf\">https:\/\/prl.ceoe.es\/wp-content\/uploads\/2018\/11\/Mayores-B-Folleto-CEOE_A5-1110_web.pdf<\/a><\/p>\n<p>CIG Gabinete T\u00e9cnico Confederal de Sa\u00fade Laboral. \u00abSeguridade e Sa\u00fade Laboral para T +55: riscos novos e emerxentes\u00bb 2015 <a href=\"http:\/\/www.cigsaudelaboral.org\/\">http:\/\/www.cigsaudelaboral.org<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O envellecemento da poboaci\u00f3n \u00e9 un fen\u00f3meno presente e xeneralizado en todas as sociedades modernas. A mellora na calidade de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":6,"featured_media":870,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2],"tags":[70,48,65,66,54,59,53,32,75,91,31,61,62,51,28,41,36,60,52,30,57,55,56,25,71],"class_list":["post-1369","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog","tag-55-anos","tag-ambiente-termico","tag-benestar","tag-benestar-emocional","tag-condicions-ambientais","tag-condicions-de-traballo","tag-confort","tag-control-da-saude","tag-empresa-saudable","tag-envellecemento","tag-estado-de-saude","tag-estres","tag-fatiga","tag-iluminacion","tag-lei-prl","tag-lugares-de-traballo","tag-oms","tag-organizacion-do-traballo","tag-posto-de-traballo","tag-riscos-do-traballo","tag-riscos-psicosociais","tag-saude","tag-saude-mental","tag-vixiancia-da-saude","tag-xestion-de-persoas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/fomentoprl.cec.es\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1369","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/fomentoprl.cec.es\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/fomentoprl.cec.es\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/fomentoprl.cec.es\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/6"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/fomentoprl.cec.es\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1369"}],"version-history":[{"count":7,"href":"https:\/\/fomentoprl.cec.es\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1369\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1524,"href":"https:\/\/fomentoprl.cec.es\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1369\/revisions\/1524"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/fomentoprl.cec.es\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/870"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/fomentoprl.cec.es\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1369"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/fomentoprl.cec.es\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1369"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/fomentoprl.cec.es\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1369"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}