{"id":1510,"date":"2019-10-15T08:54:04","date_gmt":"2019-10-15T06:54:04","guid":{"rendered":"https:\/\/fomentoprl.cec.es\/?p=1510"},"modified":"2019-10-29T14:06:26","modified_gmt":"2019-10-29T13:06:26","slug":"o-radon-como-risco-laboral","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/fomentoprl.cec.es\/index.php\/2019\/10\/15\/o-radon-como-risco-laboral\/","title":{"rendered":"O Radon como risco laboral"},"content":{"rendered":"<p><strong>O Radon como risco laboral<\/strong><\/p>\n<p>Os riscos que as <strong>radiaci\u00f3ns ionizantes<\/strong> supo\u00f1en para a sa\u00fade est\u00e1 a preocupar \u00e1s persoas empresarias e traballadoras. O gas radon \u00e9 a fonte de radiaci\u00f3n ionizante de orixe natural mais importante.\u00a0 \u00c9 un gas nobre incoloro, inodoro e ins\u00edpido que se forma a partires da desintegraci\u00f3n natural do uranio e torio nas rocas gran\u00edticas. A desintegraci\u00f3n radioactiva do elemento emite radiaci\u00f3ns que se son inhaladas de xeito prolongado poden danar os pulm\u00f3ns e provocar cancro.<\/p>\n<p>O uranio e o radio est\u00e1n presentes de xeito natural na maior\u00eda de chans e rocas da cortiza terrestre.\u00a0 O radon, cuxo is\u00f3topo mais significativo \u00e9 o <sup>222<\/sup>Rn emana dos chans e das rocas e tende a concentrarse en espazos pechados, contribu\u00edndo de forma destacada \u00e1 dose de radiaci\u00f3n ionizante recibida pola poboaci\u00f3n.<\/p>\n<p>O radon est\u00e1 considerado como cancer\u00edxeno pola Organizaci\u00f3n Mundial da sa\u00fade (OMS), de acordo coa Axencia Internacional para a Investigaci\u00f3n do Cancro (IARC).<\/p>\n<p>A Directiva europea, 2013\/59\/EURATOM, est\u00e1 pendente de transposici\u00f3n no nosos pa\u00eds (vai con retraso desde febreiro do 2018). Esta Directiva substitu\u00edu \u00e1s anteriores que regulaban as normas de seguridade para a protecci\u00f3n fronte \u00e1s exposici\u00f3ns \u00e1s radiaci\u00f3ns ionizantes, inclu\u00eddas as de orixe laboral. En Espa\u00f1a deu lugar ao Regulamento sobre Protecci\u00f3n Sanitaria contra Radiaci\u00f3ns Ionizantes e \u00e1 Instruci\u00f3n IS-33 do Consello de Seguridade Nuclear, sobre criterios radiol\u00f3xicos para a protecci\u00f3n fronte \u00e1 exposici\u00f3n \u00e1 radiaci\u00f3n natural.<\/p>\n<p>Segundo a Directiva 2013\/59\/EURATOM, os Estados membros te\u00f1en un l\u00edmite de 300 Bq\/m<sup>3<\/sup> tanto para vivendas como para lugares de traballo. Ademais, os Estados deben establecer un Plan Nacional de Radon. Eses 300 Bq\/m<sup>3<\/sup> corresp\u00f3ndense cos l\u00edmites establecidos na Instruci\u00f3n IS-33 do Consello de Seguridade Nuclear que ten fixado para certas actividades nas que hai presenza de p\u00fablico.<\/p>\n<p>O borrador do Real decreto de modificaci\u00f3n da Parte I do C\u00f3digo T\u00e9cnico da Edificaci\u00f3n incl\u00fae a exixencia b\u00e1sica de protecci\u00f3n contra o radon en recintos pechados dos edificios, e modificaci\u00f3n do Documento B\u00e1sico DB HS de Salubridade, incorporando unha nova secci\u00f3n na que se desenvolven os requisitos t\u00e9cnicos a cumprir polos edificios para satisfacer esta nova exixencia.<\/p>\n<p>Mentres que para os lugares de traballo, os niveis de referencia <sup>222<\/sup>Rn de concentraci\u00f3n media anual fixados durante a xornada laboral na dita Instruci\u00f3n son 600 Bq\/m<sup>3 <\/sup>e<sup> \u00a0<\/sup>non \u00e9 necesario control; entre 600-1.000 Bq\/m<sup>3<\/sup> d\u00e9bese aplicar un nivel baixo de control; e para niveis &gt; 1.000 Bq\/m<sup>3<\/sup> d\u00e9bese aplicar un nivel alto de control, coa aplicaci\u00f3n das correspondentes medidas de protecci\u00f3n radiol\u00f3xica, no caso de que unha vez realizadas as acci\u00f3ns de remedio, a concentraci\u00f3n de radon non se consiga reducir.<\/p>\n<p>Coa transposici\u00f3n da Directiva 2013\/59\/EURATOM reducirase o nivel de referencia nacional actual respecto aos lugares de traballo aos 300 Bq\/m<sup>3<\/sup>.<\/p>\n<p>Atendendo \u00e1 normativa aplicable en materia preventiva, as persoas empresarias deben levar ao cabo o control do gas radon, mediante:<\/p>\n<ul>\n<li>Identificaci\u00f3n do risco: Estudo dos edificios e localizaci\u00f3n dos puntos de medici\u00f3n<\/li>\n<li>Avaliaci\u00f3n do risco: Realizaci\u00f3n de medici\u00f3ns e obtenci\u00f3n de resultados<\/li>\n<li>Planificaci\u00f3n e implementaci\u00f3n das medidas preventivas e\/ou correctoras<\/li>\n<li>Vixilancia da sa\u00fade das persoas expostas: Segundo o artigo 22 da LPRL, as persoas empresarias garantir\u00e1n \u00e1s persoas traballadoras ao seu servizo a vixilancia peri\u00f3dica do seu estado de sa\u00fade en funci\u00f3n dos riscos inherentes ao traballo.<\/li>\n<\/ul>\n<p>A CEC xunto coa CEG e con financiamento da Xunta de Galicia, organiza un curso de 20 horas de duraci\u00f3n sobre\u00a0<strong>Amianto e Radon: Xesti\u00f3n preventiva<\/strong>\u00a0co fin de fomentar a mellora da prevenci\u00f3n de riscos laborais no noso territorio.<\/p>\n<p>\u00c9 preciso inscribirse xa que o n\u00famero de prazas \u00e9 limitado.<\/p>\n<p><strong>Lugar:\u00a0<\/strong>APECCO. R\u00faa Menda\u00f1a de Neyra, 28 A Coru\u00f1a.<\/p>\n<p><strong>Datas e horario:\u00a0<\/strong>Do 21 ao 24 de outubro de 16:00 a 21:00 h<\/p>\n<p><strong>Inscrici\u00f3ns:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/www.cec.es\/1\/es-ES\/Evento\/1\/202\/\">pica aqu\u00ed<\/a><\/p>\n<p><strong>Fontes:<\/strong><\/p>\n<p>Organizaci\u00f3n Mundial de la Salud (OMS)\u00a0 <a href=\"https:\/\/www.who.int\/es\/news-room\/fact-sheets\/detail\/radon-and-health\">https:\/\/www.who.int\/es\/news-room\/fact-sheets\/detail\/radon-and-health<\/a><\/p>\n<p>Instruci\u00f3n IS-33, do 21 de decembro de 2011, do Consello de Seguridade Nuclear, sobre os criterios radiol\u00f3xicos para a protecci\u00f3n fronte \u00e1 exposici\u00f3n \u00e1 radiaci\u00f3n natural<\/p>\n<p>Rd 783\/2001, do 6 de xullo, polo que se aproba o Regulamento sobre protecci\u00f3n sanitaria contra radiaci\u00f3ns ionizantes. (modificado por Rd 1439\/2010)<\/p>\n<p>Directiva 2013\/59\/EURATOM pola que se establecen as normas de seguridade b\u00e1sicas para a protecci\u00f3n da poboaci\u00f3n contra os perigos dunha exposici\u00f3n a radiaciones ionizantes<\/p>\n<p>Borrador do Real decreto de modificaci\u00f3n da Parte I do C\u00f3digo T\u00e9cnico da Edificaci\u00f3n <a href=\"https:\/\/www.codigotecnico.org\/index.php\/menu-documentos-complementarios\/357-proyecto-modificacion-cte-julio-2018.html\">https:\/\/www.codigotecnico.org\/index.php\/menu-documentos-complementarios\/357-proyecto-modificacion-cte-julio-2018.html<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Radon como risco laboral Os riscos que as radiaci\u00f3ns ionizantes supo\u00f1en para a sa\u00fade est\u00e1 a preocupar \u00e1s persoas [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":6,"featured_media":1564,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2],"tags":[48,65,66,47,46,59,53,32,75,89,28,41,45,39,36,108,35,58,71],"class_list":["post-1510","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog","tag-ambiente-termico","tag-benestar","tag-benestar-emocional","tag-calidade-ambiental","tag-calidade-do-aire","tag-condicions-de-traballo","tag-confort","tag-control-da-saude","tag-empresa-saudable","tag-formacion-preventiva","tag-lei-prl","tag-lugares-de-traballo","tag-medicions","tag-niveis-de-exposicion","tag-oms","tag-radiacions-ionizantes","tag-radon","tag-traballadores","tag-xestion-de-persoas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/fomentoprl.cec.es\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1510","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/fomentoprl.cec.es\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/fomentoprl.cec.es\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/fomentoprl.cec.es\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/6"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/fomentoprl.cec.es\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1510"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/fomentoprl.cec.es\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1510\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1525,"href":"https:\/\/fomentoprl.cec.es\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1510\/revisions\/1525"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/fomentoprl.cec.es\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1564"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/fomentoprl.cec.es\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1510"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/fomentoprl.cec.es\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1510"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/fomentoprl.cec.es\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1510"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}