GABINETE TÉCNICO DE SENSIBILIZACIÓN EN PRL
Enmárcase na liña 1 da Orde de axudas de fomento da PRL do ano 2018 como resposta á necesidade social e empresarial de mellorar as condicións dos postos de traballo no noso tecido produtivo, xa que a proposta inclúe accións de sensibilización en materia preventiva de carácter interesectorial.
A saúde laboral e a reducción da sinistralidade no traballo, seguen a ser cuestións prioritarias para a nosa comunidade. A CEC considera á promoción da seguridade e saúde laboral como ferramenta de mellora das condicións de traballo o que se traduce tamén nunha ferramenta de competitividade empresarial.
Dende a CEC propoñemos un gabinete técnico de sensibilización como instrumento de divulgación, promoción e apoio para a mellora da cultura preventiva das nosas empresas.