Qué é o Radón?

O radón é un gas radioactivo incoloro, inodoro e insípido que procede da descomposición do uranio presente na cortiza terrestre. A presenza de radón no exterior dos edificios é baixa, pero este acumúlase dentro de espazos interiores como as vivendas ou os lugares de traballo, que impiden a súa liberación á atmosfera. Cando inhalamos o radón, este descomponse e produce partículas alfa radiactivas que impactan nos pulmóns. Estudos realizados en todo o mundo demostraron que as persoas que viven en casas cun nivel elevado de radón teñen maior risco de desenvolver cancro de pulmón. Este risco é aínda maior para os fumadores.

A Organización Mundial da Saúde recoñece ao radón como un canceríxeno humano desde o ano 1988 e no ano 2009 recomendou reducir o nivel de exposición considerado como «seguro».

Como saber si hai Radón nun espazo interior?
A medición de radón interior é un proceso sinxelo. Pódense usar detectores pasivos, que deben permanecer no lugar a medir un mínimo de tres meses e detectores en continuo, que proporcionan unha media da concentración de radón en 3-4 días. Hai outros detectores que permiten realizar a medición en pouco tempo, pero os resultados non son tan fiables.
Unha vez medido, si a concentración supera o nivel considerado de risco existen solucións constructivas, aínda que o máis sinxelo e efectivo é evitar o radón ao construír unha casa ou edificio.

Existe lexislación sobre o Radón?
A normativa española afecta só ao ámbito laboral (RD 783/2001, modificado por RD 1439/2010 e Instrución IS-33 do Consello de Seguridade Nuclear). Dita instrución indica que os titulares de actividades laborais deberán determinar a exposición a radón en certos lugares de traballo: cuevas e galerías, establecementos termales e lugares de traballo subterráneos e non subterráneos, en áreas identificadas polos seus valores elevados de radón, entre outros.
Por outra banda, a Directiva Europea 2013/59/EURATOM indica que non deben superarse os 300 Bq/m3 en vivendas e lugares de traballo. Esta directiva debe transponerse aos estados membros en 2018.

Ver Directiva

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *