IDENTIDADE CORPORATIVA

Hoxe en día é moi importante para unha organización velar pola seguridade e saúde dos/ as traballadores/ as fomentando e implementando medidas e/ou actividades de seguridade laboral.

Existe a posibilidade de padecer un accidente ou enfermidade no desenvolvemento dun traballo, por iso quixemos destacar no deseño a importancia de non correr riscos, animando aos empresarios a seguir o camiño da prevención. Non levar a cabo estas medidas pode custar caro, co cal desenvolver a súa actividade en condicións favorables e nunha contorna segura incrementa a produtividade.

A imaxe corporativa divídese en catro partes:

  • Liña: Representa o progreso da organización.
  • Empresario: Representa o timón da organización.
  • Emoticono PRL: Simboliza o camiño correcto, é dicir, os beneficios da Prevención de Riscos Laborais
  • Burato: Simboliza o camiño incorrecto.
deseño