GABINETE TÉCNICO DE SENSIBILIZACIÓN EN PRL

Enmárcase na liña 1 da Orde de axudas de fomento da PRL do ano 2018 como resposta á necesidade social e empresarial de mellorar as condicións dos postos de traballo no noso tecido produtivo, xa que a proposta inclúe accións de sensibilización en materia preventiva de carácter interesectorial.

A saúde laboral e a reducción da sinistralidade no traballo, seguen a ser cuestións prioritarias para a nosa comunidade. A CEC considera á promoción da seguridade e saúde laboral como ferramenta de mellora das condicións de traballo o que se traduce tamén nunha ferramenta de competitividade empresarial.

Dende a CEC propoñemos un gabinete técnico de sensibilización como instrumento de divulgación, promoción e apoio para a mellora da cultura preventiva das nosas empresas.

LIÑAS DE TRABALLO E ACTUACIÓNS

Primeira

Accións de información en PRL

Segunda

Accións de sensibilización en PRL

Terceira

Fomento do cumprimento efectivo da normativa PRL

Proxecto

LIÑA 1. ACCIÓNS DE INFORMACIÓN EN PRL

I

Difusión de noticias PRL a través das canles de comunicación da CEC

II

Difundir información relevante en PRL, e propostas de mellora respecto á xestión preventiva e das condicións de traballo do tecido empresarial da provincia.

III

Achegar ao tecido empresarial as ferramentas gratuitas de xestión preventiva como prevencion10.es

IV

Información específica de empresa saudable como modelo de xestión excelente e da idade no eido empresarial

LIÑA 2. ACCIÓNS DE SENSIBILIZACIÓN EN PRL

I

Deseño e execución dunha campaña publicitaria para a promoción e mellora da cultura preventiva empresarial

II

Elaboración de material publicitario e de difusión

III

Participación en reunións técnicas e colaboración con diferentes entidades para a promoción e divulgación da cultura preventiva.

LIÑA 3. ACCIÓNS PARA O FOMENTO DO CUMPRIMENTO EFECTIVO DA NORMATIVA PRL

I

Elaboración e difusión de das obrigas PRL

II

Campaña de e-mailing con ferramentas dispoñibles para a xestión preventiva

QUERES MELLORAR A SEGURIDADE E A SAÚDE DA TÚA EMPRESA?

FINANCIADO POR