A identificación e a análise das posibles situacións de emerxencia que se poidan producir no lugar de traballo é unha das obrigas empresariais, tal como dispón o artigo 20 da LPRL.

As persoas traballadoras que compoñen os equipos de emerxencia constitúen o conxunto de persoas especialmente entrenadas e organizadas para a prevención e actuación nas emerxencias dentro do centro de traballo.

A CEC xunto coa CEG e con financiamento da Xunta de Galicia, organiza un curso  de 15 horas de duración sobre Plans de emerxencia e evacuación co fin de fomentar a mellora da prevención de riscos laborais no noso territorio.

É preciso inscribirse xa que o número de prazas é limitado.

O programa é o seguinte:   

  • Conceptos xerais
  • Marco normativo
  • Tipos de emerxencias
  • Actuacións preventivas
  • Xestión de emerxencias

 Lugar de impartición: Asociación de Empresarios de Agrela. Rúa Copérnico 3. 1º. A Coruña

Datas e horario: 23, 24 e 25 de outubro de 2019 en horario de 9:00 a 14:00 h

Información e inscricións: asociacion@agrela.com | 981 250 937

  

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *