A identificación e a análise das posibles situacións de emerxencia que se poidan producir no lugar de traballo é unha das obrigas empresariais, tal como dispón o artigo 20 da LPRL.
As persoas traballadoras que compoñen os equipos de emerxencia constitúen o conxunto de persoas especialmente entrenadas e organizadas para a prevención e actuación nas emerxencias dentro do centro de traballo.
A CEC xunto coa CEG e con financiamento da Xunta de Galicia, organiza un curso de 15 horas de duración sobre Plans de emerxencia e evacuación co fin de fomentar a mellora da prevención de riscos laborais no noso territorio.
É preciso inscribirse xa que o número de prazas é limitado.
O programa é o seguinte:
- Conceptos xerais
- Marco normativo
- Tipos de emerxencias
- Actuacións preventivas
- Xestión de emerxencias
Lugar de impartición: Asociación de Empresarios de Agrela. Rúa Copérnico 3. 1º. A Coruña
Datas e horario: 23, 24 e 25 de outubro de 2019 en horario de 9:00 a 14:00 h
Información e inscricións: asociacion@agrela.com | 981 250 937