Os traballos en altura con frecuencia expoñen ás persoas traballadoras a riscos de caída, adoitan materializarse con lesións de carácter grave, moi grave ou mesmo mortais. Moitos destes traballos consisten en actividades de curta duración. E moi importante coñecer as actividades en que este tipo de situacións están orixinando accidentes, así como abordar formas innovadoras de concienciar e formar ao persoal empresario, mandos intermedios, traballadores e técnicos sobre eles.
O Issga organiza unha xornada de prevención de accidentes nos traballos en altura o vindeiro 11/10/2019 ás 10:00 h
Lugar: Centro Issga – A Coruña
Doutor Camilo Veiras, 8 – 15009 A Coruña
Tel.: 981 182329. Fax: 981182332
Email: issga.coruna@xunta.gal
Se aínda non se inscribiu, pode facelo na seguinte ligazón:
http://issga.xunta.gal/portal/contido/formacion/xornadas/coruna/curso_0041.html