Boa práctica PRL | Acordo marco RENAULT

 

Este acordo «Construír xuntos o mundo laboral no grupo Renault» asinado no mes de xullo do ano 2019 complementa o acordo marco mundial do ano 2013 «Comprometerse xuntos para conseguir un crecemento e un desenvolvemento sostibles».

Dito acordo é unha base convencional de obrigatorio cumprimento para os acordos locais posteriores e abarca varias facetas da vida laboral, en concreto aquelas que permiten aos empregados e empregadas conxugar rendemento e benestar.

Esta dinámica, que compromete a todas as persoas traballadoras do Grupo, baséase en cinco mecanismos fundamentais:

– Un diálogo sobre a evolución do mundo laboral,

– Un sistema de xestión colaborativo,

– Un compromiso permanente pola inclusión,

– Un equilibrio dos ritmos de vida,

– A adaptación do marco de traballo.

As partes asinantes (diversas federacións sindicais / sindicatos representados no Comité do Grupo) comprométense a manter a dinámica de progreso, desenvolvemento sostible e competitividade a través da mellora continua establecida.

Fonte: Acordo marco mundial sobre a evolución da vida laboral «Construír xuntos o mundo laboral no grupo Renault»

http://www.industriall-union.org/sites/default/files/uploads/documents/2019/FRANCE/Renault/texte_final_o_signature_es.pdf

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *