Miles de persoas morren ao ano por paradas cardiorespiratorias. Cun desfibrilador a man e sabéndoo usar a tempo, poderíanse salvar moitas vidas.
En colaboración con varias asociacións empresariais, a CEC xunto coa CEG e con financiamento da Xunta de Galicia, organiza unhas accións formativas sobre primeiros auxilios co fin de fomentar a mellora da prevención de riscos laborais no noso territorio.
Os cursos Manexo de desfibrilador semiautomático e soporte vital básico, de 8 horas de duración celebraranse:
- O 8 e 9 de outubro, de 9:30 – 13:30 h na Asociación de Empresarios de Ferrolterra (Ferrol)
- O 17 e 18 de outubro, de 9:00 – 14:00 h na Asociación de Empresarios de Ferrolterra (Ferrol)
- O 24 de outubro, de 9:30-14:00 h e de 15:30-19:00 h na Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón (Arteixo)
Os cursos son totalmente gratuítos, pero é preciso inscribirse xa que o número de prazas é limitado.
Para máis información:
info@empresarios-ferrolterra.org
O Programa dos cursos é:
- Reanimación cardiopulmonar básica
- Desfibrilación semiautomática externa
- Situacións especiais
- Lexislación e ética
- Exercicios prácticos
Lugares de impartición:
Asociación de Empresarios de Ferrolterra. Rúa Punta Arnela, Edificio de Usos Múltiples, 2º andar. 15405 Ferrol
Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón-Arteixo. Avda. Arsenio Iglesias, 46 –Polígono de Sabón. 15142 Arteixo
Buenos dias. Me gustaria apuntarme al curso DESA e soporte vital basico que se impartira en el poligono de Sabon el 24 Octubre.
Como tengo que hacer?
Gracias.
Buenos días,
Debes contactar con la Asociación de Empresarios del Polígono de Sabón-Arteixo. Están en Avda. Arsenio Iglesias, 46 – Polígono de Sabón
15142 Arteixo
981.64.09.66
asociacion@poligonosabon.org
Gracias
Saludos cordiales
CEC