As PEMP son máquinas seguras desde o intre que a persoa que as manexa dispón da suficiente formación teórico / práctica e segue as recomendacións facilitadas por fabricante.
A CEC xunto coa CEG e con financiamento da Xunta de Galicia, organiza dous cursos de 10 horas de duración sobre manexo seguro de PEMP co fin de fomentar a mellora da prevención de riscos laborais no noso territorio.
As accións son totalmente gratuita e conteñen parte teórica e parte práctica.
É preciso inscribirse xa que o número de prazas é limitado.
O programa é o seguinte:
Parte teórica:
- Normativa aplicable
- Definición dos traballos
- Riscos e medidas preventivas no manexo de PEMP
- Normas de mantemento e verificacións básicas da PEMP
- Análise da accidentabilidade con plataformas elevadoras
Parte práctica:
- Preparación do equipo para o traballo
- Prácticas no manexo do equipo
- Estabilización do equipo
- Medidas de emerxencia
- Repostaxe ou recarga de baterías
Lugar: Polígono Espíritu Santo. Rúa Daimler nº 4 parcela 111 15650. Cambre. A Coruña
Datas e horario:
09/10/2019 de 9:00-13:00 h e 10/10/2019 de 9:00-15:00 h Inscrición
14/10/2019 de 14:00 a 18:00 h e 15/10/2019 de 14:00 a 20:00 h. Inscrición