Unha obrigación empresarial é prever os conflitos derivados das diferencias de obxectivos e intereses en materia de condicións de traballo, e cando se xeneren, actuar de maneira inmediata mediante a negociación para resolvelos
A CEC xunto coa CEG e con financiamento da Xunta de Galicia, organiza este curso de 15 horas de duración sobre Xestión de conflitos co fin de fomentar a mellora da prevención de riscos laborais no noso territorio.
A acción é totalmente gratuita e contén parte teórica e parte práctica.
É preciso inscribirse xa que o número de prazas é limitado.
O programa é o seguinte:
- Concepto de conflito
- Chaves para afrontar o conflito
- Estilos persoais de abordaxe
- Habilidades e ferramentas para a solución de conflitos
- Negociación como vía de solución de conflitos
- Mediación e solución
- Casos prácticos
Lugar: CEC. Praza Luis Seoane Torre 1 A Coruña
Datas e horario: 16 ,17 e 18 de outubro de 9:00 a 14:00 h
Inscricións: pica aquí