A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais (LPRL) establece, entre outras obrigacións empresariais, a formación teórica e práctica en materia preventiva das persoas traballadoras (art. 19). Será suficiente e adecuada, tanto no intre da súa contratación, calquera que sexa a modalidade ou duración desta, como cando se produzan cambios nas funcións que desempeñe ou se introduzan novas tecnoloxías ou cambios nos equipos de traballo.
A formación deberá estar centrada especificamente no posto de traballo ou función de cada persoa traballadora, adaptarse á evolución dos riscos e á aparición doutros novos e repetirse periodicamente, se fora necesario.
Esta formación será gratuíta para as persoas traballadoras, deberá impartirse sempre que sexa posible, dentro da xornada de traballo ou, no seu defecto, noutras horas, pero co desconto naquela do tempo invertido na mesma.
Asemade encargarase de elaborar os contidos formativos iniciais baseados na avaliación de riscos da actividade e do posto.
O Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos Servicios de Prevención (RSP), establece a formación mínima necesaria para o desempeño das funcións propias da actividade preventiva, agrupadas en tres niveis: básico, intermedio e superior (especialidades de Seguridade no traballo, Hixiene Industrial, Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada e Medicina do traballo).
Os cursos básicos cos contidos especificados no programa indicado no anexo IV terá una duración non inferior a 50 horas, para ás empresas que leven ao cabo algunha das actividades incluídas no anexo I (de especial risco), ou de 30 horas nos demais casos.
Desde hai anos, polos cambios introducidos nos respectivos convenios colectivos, a duración dos cursos básicos nos sectores da construción e metal é de 60 horas.
A formación actual para obter o nivel intermedio é o ciclo superior de FP: Técnico/a Superior/a en Prevención de Riscos Profesionais de 2.000 h.
Para ser Recurso Preventivo, a persoa debe ter formación de nivel básico de 50 horas de acordo co art. 35 do RSP, e de 60 horas nos sectores da construción e metal aportando a acreditación correspondente.
Algúns oficios requiren unha capacitación previa para poder traballar: traballos en altura, espazos confinados, ATEX, risco eléctrico… cos contidos establecidos ou, no seu defecto, recomendados nas guías técnicas do INSHT, normas UNE…
Os convenios de construción, metal, madeira e moble, vidro e rotulación inclúen a formación en PRL obrigatoria para as persoas empresarias e traballadoras destes sectores.
A Asociación Europea de Energía Eólica (WindEurope) recoñeceu o estándar formativo Global Wind Organization (GWO) como o mínimo nivel aceptable que deben adquirir as persoas traballadoras do sector eólico para realizar os trabajos de manera segura. É un estándar para formación básica en seguridade en Primeiros Auxilios, Manipulación de Cargas, Extinción de Incendios, Traballos en Alturas e Supervivencia no mar. Desde enero de 2013 estanse a aplicar os estándares formativos de GWO (Basic Safety Training) sendo impartida esta formación só polas entidades certificadas.
As principais operadoras e empresas colaboradoras do sector das telecomunicacións (TELCO) acordaron un marco formativo común de obrigado cumprimento desde o 1 de xullo do 2018 que ademais deberá ser actualizado cada 3 anos a realizar polas persoas operadoras de telecomunicacións que realicen traballos a mais de 2m de altura, en espazos confinados ou con risco eléctrico.
Por outra banda, están as formacións en Técnico Superior en Prevención de Riscos Profesionais e o Master Universitario en Prevención de Riscos Laborais que capacitan para exercer funcións a nivel intermedio e superior segundo o RSP.
Fontes:
Lei 31/1995, do 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais
Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regramento dos Servizos de Prevención
Formación nos sectores de Construción , Metal, Madera e Moble, Vidro e Rotulación https://www.trabajoenconstruccion.com/
Asociación Europea de Energía Eólica (WindEurope) https://windeurope.org/
NTP 559: Sistema de xestión preventiva: procedemento de control da información e formación preventiva