Miles de persoas morren ao ano por paradas cardiorespiratorias. Cun desfibrilador a man e  sabéndoo usar a tempo, poderíanse salvar moitas vidas.

En colaboración con varias asociacións empresariais, a CEC xunto coa CEG e con financiamento da Xunta de Galicia, organiza unhas accións formativas sobre primeiros auxilios  co fin de fomentar a mellora da prevención de riscos laborais no noso territorio.

Os cursos Manexo de desfibrilador semiautomático e soporte vital básico, de 8 horas de duración celebraranse:

  • O 8 e 9 de outubro, de 9:30 – 13:30 h na Asociación de Empresarios de Ferrolterra (Ferrol)
  • O 17 e 18 de outubro, de 9:00 – 14:00 h na Asociación de Empresarios de Ferrolterra (Ferrol)
  • O 24 de outubro, de 9:30-14:00 h e de 15:30-19:00 h na Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón (Arteixo)

Os cursos son totalmente gratuítos, pero é preciso inscribirse xa que o número de prazas é limitado.

Para máis información:

info@empresarios-ferrolterra.org

sabon@poligonosabon.org

O Programa dos cursos é:

  • Reanimación cardiopulmonar básica
  • Desfibrilación semiautomática externa
  • Situacións especiais
  • Lexislación e ética
  • Exercicios prácticos

 

Lugares de impartición:

Asociación de Empresarios de Ferrolterra. Rúa Punta Arnela, Edificio de Usos Múltiples, 2º andar. 15405 Ferrol

Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón-Arteixo. Avda. Arsenio Iglesias, 46 –Polígono de Sabón. 15142 Arteixo

 

2 respuestas a “DESA e Soporte Vital Básico”

  • Buenos dias. Me gustaria apuntarme al curso DESA e soporte vital basico que se impartira en el poligono de Sabon el 24 Octubre.
    Como tengo que hacer?
    Gracias.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *