As PEMP son máquinas seguras desde o intre que a persoa que as manexa dispón da suficiente formación teórico / práctica e segue as recomendacións facilitadas por fabricante.

A CEC xunto coa CEG e con financiamento da Xunta de Galicia, organiza dous cursos de 10 horas de duración sobre manexo seguro de PEMP co fin de fomentar a mellora da prevención de riscos laborais no noso territorio.

As accións son totalmente gratuita e conteñen parte teórica e parte práctica.

É preciso inscribirse xa que o número de prazas é limitado.

O programa é o seguinte:

       Parte teórica:

  • Normativa aplicable
  • Definición dos traballos
  • Riscos e medidas preventivas no manexo de PEMP
  • Normas de mantemento e verificacións básicas da PEMP
  • Análise da accidentabilidade con plataformas elevadoras

       Parte práctica:                                                                                         

  • Preparación do equipo para o traballo
  • Prácticas no manexo do equipo
  • Estabilización do equipo
  • Medidas de emerxencia
  • Repostaxe ou recarga de baterías

Lugar: Polígono Espíritu Santo. Rúa Daimler nº 4 parcela 111 15650. Cambre. A Coruña

Datas e horario:  

09/10/2019  de 9:00-13:00 h e 10/10/2019  de 9:00-15:00 h   Inscrición

14/10/2019 de 14:00 a 18:00 h  e 15/10/2019  de 14:00 a 20:00 h. Inscrición

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *