Máis dunha terceira parte dos accidentes de traballo na xornada laboral débense a sobreesforzos, e máis dun 70 % das EEPP comunicadas son lesións de tipo musculoesquelético.
Estímase que na UE uns 40 millóns de traballadores padecen TME causados polo traballo.
Á ergonomía non sempre se lle da a importancia que debe ter, porque non hai unha normativa específica coma noutros casos (axentes químicos, máquinas, ruído, EPI, etc.), e a avaliación dos riscos ergonómicos segue a ser unha asignatura pendente para moitas organizacións. Esta avaliación non é sinxela pola grande cantidade de factores de risco a ter en conta no posto de traballo (movementos repetitivos, levantamentos de cargas, mantemento de posturas forzadas, posturas estáticas, vibracións, condicións ambientais, etc.) e porque para cada un deles aplícase un método diferente.
Sen embargo, a adaptación do traballo á persoa, un dos principios da actividade preventiva expresados na Lei de prevención de riscos laborais, con cambios relativamente pequenos nas tarefas ou nos equipos utilizados no posto de traballo, poden mellorar considerablemente o estado da saúde do traballador.
O Issga organiza unha xornada dedicada aos riscos ergonómicos e ás metodoloxías de avaliación e implementación de medidas preventivas na vindeira semana.
Data da xornada: 18/10/2019
Hora de comezo: 10.00 horas
Lugar: Centro Issga – A Coruña
Doutor Camilo Veiras, 8 – 15009 A Coruña
Tel.: 981 182 329
Email: issga.coruna@xunta.gal
Pódese inscribir na seguinte ligazón:
http://issga.xunta.gal/portal/contido/formacion/xornadas/coruna/curso_0035.html