A Xestión documental das emerxencias nos centros educativos
A Lei 31/1995, de Prevención de Riscos Laborais (LPRL) ten por obxecto establecer o corpo básico de garantías e responsabilidades preciso para acadar un axeitado nivel de protección da saúde fronte aos riscos derivados das condicións de traballo, e isto no marco dunha política coherente, coordinada e eficaz de prevención dos riscos laborais.
A normativa sobre prevención de riscos laborais está constituída tanto pola LPRL como polas súas disposicións de desenvolvemento ou complementarias e cantas outras normas, legais ou convencionais, conteñan prescricións relativas á adopción de medidas preventivas no ámbito laboral ou susceptibles de producilas en dito ámbito
A Lei establece, entre outros aspectos, as obrigas que ten o empresario coas persoas traballadoras co obxectivo de asegurar a seguridade e a saúde das mesmas durante o traballo. Unha destas obrigas é a identificación e a análise das posibles situacións de emerxencia que se poidan producir no lugar de traballo, tal como dispón o artigo 20 da LPRL.
Neste documento nos centraremos na xestión documental das emerxencias nos centros educativos no ámbito da PRL tendo en conta a lexislación específica que existe sobre o tema.
Centros docentes ou educativos
Para dar unha definición ou clasificación dos centros educativos para os efectos desta temática (xestión emerxencias) podemos aplicar a definición que fai a Lei 5/2007, de 7 de maio, de emerxencias de Galicia que, no seu artigo 40, dispón que se consideran centros docentes ou educativos aqueles en que se levan a cabo actividades de formación presencial de persoas tales como:
- Gardarías.
- Escolas de educación infantil.
- Centros de educación primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional, ensino de réxime especial e centros de educación especial.
- Universidades
- Academias, calquera que sexa o tipo de ensino que impartan.
- Outros centros asimilables aos mencionados.
Estes centros serán o ámbito de aplicación desta comunicación.
Medidas de emerxencia
É unha das obrigas da LPRL (artigo 20) pola cal a persoa empresaria debe identificar e analizar as posibles situacións de emerxencia no lugar de traballo, tendo en conta o tamaño e actividade da empresa, así como a posible presenza de persoal alleo á mesma.
As medidas de emerxencia son un dos requisitos documentais da LPRL e que forma parte do plan de prevención da empresa, xunto coa avaliación de riscos, a planificación preventiva e o resto de documentación. Estas medidas as elaborará a persoa técnica encargada das actividades preventivas da empresa segundo o modelo de organización preventiva escollido pola mesma (persoa traballadora designada, servicio de prevención propio ou alleo).
A persoa empresaria debe nomear a un persoal encargado de pór en práctica estas medidas e de formar a este persoal para actuar en situacións de loita fronte ó lume, primeiros auxilios e evacuación.
Plan de autoprotección
Ademais das medidas de emerxencia comentadas, algúns centros educativos teñen a obriga de redactar e implantar un plan de autoprotección.
O Plan de Autoprotección é o documento que establece o marco orgánico e funcional previsto para un centro, establecemento, espazo, instalación ou dependencia, co obxecto de previr e controlar os riscos sobre as persoas e os bens e dar resposta axeitada ás posibles situacións de emerxencia, na zona baixo responsabilidade do titular da actividade, garantindo a integración destas actuacións co sistema público de protección civil.
Para saber se un centro educativo ten a obriga de ter un Plan de Autoprotección, temos que acudir ó Decreto 171/2010, de 1 de outubro, sobre Plans de Autoprotección na Comunidade Autónoma de Galicia; no anexo I desde Decreto está incluído un catálogo de actividades e centros obrigados a realizar plans de autoprotección. Con respecto aos centros educativos, o anexo dispón, no punto 2 apartado e), o seguinte:
«Establecementos de uso docente especialmente destinados a persoas discapacitadas físicas ou psíquicas ou a outras persoas que non poidan realizar unha evacuación polos seus propios medios.
Calquera outro establecemento de uso docente
[1] Altura de evacuación: máxima diferencia de cotas entre unha orixe de evacuación e a saída de edificio que lle corresponda.
[1] En Galicia non están regulados os requisitos e acreditacións que deben posuír as persoas técnicas competentes que redactan os Plans de Autoprotección, como sucede noutras Comunidades Autónomas. Aínda así, deben ser profesionais con experiencia acreditada na redacción de Plans de Autoprotección de servizos de prevención, inxenierías ou consultoras. que dispoña dunha altura de evacuación (1)
igual ou superior a 28 metros, ou dunha ocupación igual ou superior a 1000 persoas».
O Plan de Autoprotección debe estar redactado e asinado por unha persoa técnica competente (2) capacitada para ditaminar sobre aqueles aspectos relacionados coa autoprotección fronte aos riscos aos que esté suxeita a actividade, e suscrito igualmente pola persoa titular do centro docente.
O contido do Plan comprenderá, polo menos, os aspectos contemplados no anexo II da Norma Básica de Autoprotección (Real Decreto 393/2007, de 23 de marzo), disposición legal de ámbito estatal básica en autoprotección que establece o contido que deben ter os plans de autoprotección.
Unha vez redactado o Plan, éste debe ser implantado, isto é, realizar as actividades de autoprotección que veñen incluidas no mesmo, entre as que están:
- a formación e capacitación do persoal,
- o establecemento de mecanismos de información ao público,
- o mantemento dos medios de protección e loita fronte ó lume,
- a realización de simulacros e
- a sinalización do centro…
En canto á realización de simulacros, o Plan fixará a periodicidade mínima de realización dos mesmos, aínda que a Norma Básica de Autoprotección establece que serán, a lo menos, unha vez ao ano.
Vixencia, Revisións e Actualización do Plan
A vixencia do Plan é indeterminada; manterase actualizado e a periodicidade de revisión do plan de autoprotección do centro virá marcada no propio Plan, aínda que a Norma Básica de Autoprotección establece unha periodicidade non superior aos 3 anos.
el documento que establece el marco orgánico y funcional previsto para un centro, establecimiento, espacio, instalación o dependencia, con el objeto de prevenir y controlar los riesgos sobre las personas y los bienes y dar respuesta adecuada a las posibles situaciones de emergencia, en la zona bajo responsabilidad del titular de la actividad, garantizando la integración de éstas actuaciones con el sistema público de protección civilel documento que establece el marco orgánico y funcional previsto para un centro, establecimiento, espacio, instalación o dependencia, con el objeto de prevenir y controlar los riesgos sobre las personas y los bienes y dar respuesta adecuada a las posibles situaciones de emergencia, en la zona bajo responsabilidad del titular de la actividad, garantizando la integración de éstas actuaciones con el sistema público de protección civil.
Rexistro de Plans de Autoprotección
A inscrición no rexistro é obrigatoria para todos os centros educativos recollidos no anexo I do Decreto 171/2010. Os centros non incluídos no devandito catálogo poderán, así mesmo, inscribirse no rexistro con carácter voluntario.
Os titulares de centros educativos deben solicitar a inscrición no rexistro de plans de autoprotección con carácter previo ao inicio da súa actividade ou á modificación do exercicio da xa autorizada, e deben utilizar a aplicación electrónica habilitada na páxina web oficial da Xunta de Galicia, no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/ (procedemento PR485A), mediante sinatura electrónica.
Transcorridos 3 meses sen resposta desde a presentación do Plan no Rexistro electrónico considérase admitido debido o carácter positivo do silencio administrativo deste procedemento.
Lexislación de referencia
Ley 31/1995, de 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais (BOE nº 269 de 10 de novembro)
Orde de 13 de novembro de 1984 sobre evacuación de centros docentes de Educación Xeral Básica, Bacharelato e Formación Profesional (BOE nº 276 de 17 de novembro)
Real Decreto 393/2007, de 23 de marzo, polo que se aproba a Norma Básica de Autoprotección dos centros, establecementos e dependencias adicados a actividades que poidan dar orixe a situación de emerxencia (BOE nº 72 de 24 de marzo)
Lei 5/2007, de 7 de maio, de emerxencias de Galicia (DOG nº 94 de 16 de maio)
Decreto 171/2010, de 1 de outubro, sobre Plans de Autoprotección na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 203 de 21 de outubro)
Orde de 27 de febreiro de 2012 pola que se crea o Rexistro Electrónico de Plans de Autoprotección na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula o seu procedemento (DOG nº 50 de 12 de marzo)
(1) Altura de evacuación: máxima diferencia de cotas entre unha orixe de evacuación e a saída de edificio que lle corresponda.
(2) En Galicia non están regulados os requisitos e acreditacións que deben posuír as persoas técnicas competentes que redactan os Plans de Autoprotección, como sucede noutras Comunidades Autónomas. Aínda así, deben ser profesionais con experiencia acreditada na redacción de Plans de Autoprotección de servizos de prevención, inxenierías ou consultoras.