1. Datos de sinistralidade
Políticas de prevención
As políticas de prevención perseguen a mellora das condicións de seguridade e saúde no traballo para reducir a sinistralidade laboral. A información é o pilar fundamental para o deseño de políticas eficaces en materia preventiva.
Unha análise en profundidade sobre a realidade, permitirá facer unha avaliación da mesma e así adoitar as medidas máis axeitadas.
Fontes de información
Esta información pódese obter en través de diferentes canles:
- OECT: O Observatorio Estatal de Condicións de Traballo avalían a realidade nacional do mundo do traballo en constante cambio e evolución.
- Observatorio galego de condicións de traballo: instrumento de xestión da información e análise das condicións de traballo e os seus efectos sobre a seguridade e saúde laboral da poboación traballadora galega.
A siniestralidad laboral como reflexo das condicións de traballo
Existen diferentes indicadores evolutivos que ofrecen información valiosa para o coñecemento rigoroso dos múltiples factores que inflúen nos riscos laborais:
- Xestión e actividades preventivas
- Condicións de traballo
- Accidentes de traballo e outros danos á saúde