Que son os TME?
Mais dun 30 % dos accidentes laborais notificados cada ano se deben aos sobresforzos, esto quere dicir que a día de hoxe, é a principal causa de accidentabilidade en España. Se se analizan as enfermidades profesionais a situación é mais preocupante, ao redor do 70% de todas as enfermidades profesionais están relacionadas cos trastornos musculoesqueléticos (TME).
O termo TME describe as estruturas que afectan (osos, articulacións, estruturas periarticulares e músculos) e inclúe todo tipo de artrite, dor lumbar, enfermidades óseas, reumatismos das partes brandas con dor rexional ou xeralizado e enfermidades sistémicas do tecido conectivo. Os TME inclúen un espectro amplo de condiciones que va desde enfermidades de inicio agudo o subagudo hasta outras de larga evolución. Por lo xeral se asocian con dolor y limitación de la mobilidade con particularidades nas súas manifestacións clínicas, morbilidade e mortalidade.
Cales son os TME mais frecuentes?
Os problemas de saúde abarcan desde a incomodidade, molestias e dores ata cadros médicos mais graves como epicondilite, ganglións, lumbalxias, que obrigan a solicitar a baixa laboral e recibir tratamento médico.
Os TME mais frecuentes na extremidade superior son:
- Tendinite do manguito dos rotadores
- Epicondilite
- Epitrocleitie
- Síndrome do túnel carpiano
- Ganglión
Os TME mais frecuentes nas costas son:
- Síndrome cervical pola tensión
- Lumbalxia
O TME mais frecuente na extremidade inferior es:
- Bursite prepatelar
Os TME na empresa conlevan:
- Absentismo
- Persoas traballadoras enfermas no traballo
- Xubilacións anticipadas ou forzadas.
Principais factores de risco
Moitos factores poden contribuír, por si solos ou en combinación, á aparición de TME pero pódense destacar:
- a aplicación de forza física; como a empregada para o levantamento, transporte, tracción ou empuxe de cargas
- os traballos esgotadores ou repetitivos
- as posturas forzadas e posturas estáticas, como ocorre cando se permanece de forma prolongada en posición vertical ou sedente o se manteñen as mans por riba do nivel dos ombros
- a presión directa sobre o corpo de ferramentas e superficies
- os movementos repetitivos polas vibracións… en todo o corpo e nos brazos e mans
- as condicións ambientais: contornas de traballo frías…
Ademais, no deseño de calquera posto de traballo é importante considerar a carga mental e os factores psicosociais, é dicir, o axuste e a adecuación entre as esixencias de actividade mental necesarias para a execución do traballo e as capacidades de desempeño da persoa.
Os factores individuais como historial médico, capacidade física, idade, obesidade, tabaquismo tamén contribúen á xeración de TME.
As persoas empresarias teñen que cumprir os principios da acción preventiva establecidos no artigo 15 da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais: é unha obrigación:
- Evitar os riscos
- No caso de non ser posible, haberá que avalialos e combatelos na súa orixe
- Adaptar o traballo á persoa, en particular no que respecta á concepción dos postos de traballo, así como á elección dos equipos e os métodos de traballo e de produción, con miras, a atenuar o traballo monótono e repetitivo e a reducir os efectos do mesmo na saúde.
Os riscos ergonómicos débense xestionar adecuadamente para obter lugares de traballo mais seguros.
Medidas preventivas
Para levar ao cabo unha adecuada xestión, a persoa empresaria necesita:
- Decidir quen liderará o proceso
- Revisar os recursos dispoñibles
- Decidir como e cando terá ás persoas traballadoras informadas e involucradas
- Decidir que facer ante a presencia de TME nos traballadores
- Identificar os TME no lugar de traballo
- Establecer prioridades para abordalos
- Acordar que accións se tomarán: adaptación do posto de traballo á persoa, automatizacións da elevación e transporte de cargas, cambio da altura dos obxectos que deben ser levantados, mellora dos pavimentos para unha mellor postura de pé, adaptación á innovación tecnolóxica,
- Tomar accións e facer avaliación das mesmas.
Fontes: Instituto Nacional de Seguridad y Salud en el Trabajo (INSST) https://www.insst.es/riesgos-ergonomicos-trastornos-musculoesqueleticos
Organización Mundial de la Salud (OMS) https://www.who.int/occupational_health/publications/en/pwh5sp.pdf
Agencia Europea para la Seguridad y Salud en el Trabajo https://osha.europa.eu/en/tools-and-publications/publications/healthy-workers-thriving-companies-practical-guide-wellbeing/view