A exposición ao amianto e ao radon pode aumentar a incidencia do cancro durante a actividad laboral, especialmente nos colectivos de profesionais que realizan tarefas que conlevan unha maior exposición a estes elementos químicos.

A CEC xunto coa CEG e con financiamento da Xunta de Galicia, organiza este curso de 20 horas de duración sobre Amianto e Radon: Xestión preventiva co fin de fomentar a mellora da prevención de riscos laborais no noso territorio.

É preciso inscribirse xa que o número de prazas é limitado.

O programa é o seguinte:      

Amianto

  • O amianto e as súas propiedades
  • Identificación de materiais con presencia de amianto
  • Riscos para a saúde
  • Operacións que poden implicar unha exposición ao amianto e a importancia dos medios de prevención para minimizar a exposición
  • Normativa aplicable
  • Prácticas profesionais seguras, controis e os equipos de protección
  • Función, elección, selección, uso apropiado e limitacións dos equipos respiratorios. Comprobación do seu funcionamento.
  • Procedementos de emerxencia
  • Procedementos de descontaminación
  • Residuos: illamento, identificación e xestión
  • Esixencias en materia de vixilancia da saúde

Radon

  • O gas radon e as súas propiedades
  • Conceptos básicos en radiactividade
  • Riscos para a saúde
  • Normativa aplicable.
  • Métodos de medición. Exemplos prácticos
  • Métodos de mitigación. Exemplos prácticos

Lugar: APECCO. Rúa Mendaña de Neyra, 28 A Coruña.

Datas e horario: Do 21 ao 24 de outubro de 16:00 a 21:00 h

Inscricións: pica aquí

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *