A medicina é unha ciencia que, partindo do coñecemento do funcionamento do corpo humano e do medio en que este desenvolve a súa actividade, ten como obxectivos a promoción da saúde, a prevención da perda da saúde, a curación das enfermidades e a rehabilitación. A medicina do traballo é parte desta ciencia, a que analiza fundamentalmente como ambiente o medio laboral.
En relación cos fins preventivos, a medicina do traballo utiliza determinadas técnicas que, esquemáticamente, poden resumirse en: investigación epidemiolóxica, vixiancia da saúde, promoción da saúde e educación sanitaria.
Entre todas estas técnicas de vixiancia da saúde dos traballadores constitúe un dos instrumentos imprescindibles dos programas de prevención de riscos laborais. É ademais unha das obrigas do empresario, segundo o artigo 22 da Lei de prevención de riscos laborais, e aparece tamén en diversas disposicións específicas como as relativas ao amianto, ao ruído ou aos axentes canceríxenos ou biolóxicos, por citar algunhas delas.

Características de vixiancia da saúde segundo a Lei de PRL:

  • Garantida polo empresario: O empresario garantiralles aos seus traballadores a vixilancia periódica da súa saúde.
  • Específica: Esa vixilancia realizarase en función do ou dos riscos a que está sometido o traballador no Lugar de traballo. Débese fuxir, pois, dos recoñecementos médicos indiscriminados e inespecíficos.
  • Voluntaria: Deberase contar co consentimento informado do traballador, agás que concorran as seguintes circunstancias:
    • a) Que os recoñecementos sexan indispensables para avaliar os efectos das condicións de traballo sobre a saúde dos traballadores.
    • b) Que o estado de saúde do traballador poida constituír un perigo para el ou para terceiros.
    • c) Que exista unha disposición legal en relación coa protección de riscos específicos e actividades de especial perigo, que obrigue a realizar recoñecementos.
      • Factores de risco: Amianto, radiacións ionizantes, ruído, axentes biolóxicos, axentes canceríxenos, manipulación manual de cargas, pantallas de visualización, axentes químicos.
      • Actividades: actividades subacuáticas, persoal de voo das aeronaves civís, pilotos dos avións civís, minaría, traballos realizados nos caixóns de aire comprimido.
      • Outras disposicións: Estatuto dos traballadores, listaxe de enfermidades profesionais.
  • Confidencial: A información médica derivada da vixilancia da saúde de cada traballador estará dispoñible para o propio traballador, os servizos médicos responsables da súa saúde e a autoridade sanitaria. Ningún empresario poderá ter coñecementos do contido concreto das probas médicas ou do seu resultado sen o consentimento expreso do traballador. Isto non quita que ao empresario se lle deban
    facilitar as conclusións da vixilancia da saúde realizada nos seus traballadores en termos de:

    • Aptitude para desempeñar as tarefas correspondentes ao seu traballo.
    • Necesidade de introducir ou mellorar as medidas de protección ou de prevención.
  • Prolongada no tempo: A Lei de PRL contempla a prolongación da vixilancia da saúde máis alá da finalización da relación laboral naqueles casos en que os efectos sobre os traballadores así o aconsellen. Por exemplo, os traballadores expostos a determinados axentes químicos canceríxenos deberían ser obxecto de seguimento incluso varios anos despois do cesamento da súa relación coa empresa.
  • Documentada: Deberase elaborar e conservar a documentación sobre os resultados e as conclusións dos controles do estado de saúde dos traballadores.
  • Gratuíta: O custo económico de calquera medida relativa á seguridade e á saúde no traballo, e polo tanto o  derivado da vixiancia da saúde, non deberá recaer sobre o traballador (artigo 14.5 da LPRL). Unha consecuencia do anterior é a realización dos recoñecementos médicos dentro da xornada laboral ou o desconto do tempo investido nela.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *