Hai que destacar que as actuacións proactivas e preventivas son as máis eficaces de face a lograr o benestar da organización, polo que a empresa deberá incidir, entre outros, nos seguintes aspectos relacionados cos factores organizacionais:

  • Garantir o cumprimento de normativa xeral de prevención de riscos laborais. A Lei establece, entre outras, a obrigación de avaliar os riscos, definir as medidas preventivas e investigar as causas.
  • Elaborar o plan de prevención, establecendo unha Política empresarial que inclúa a xestión dos riscos psicosociales, de forma integrada
  • Avaliar os riscos laborais, incluíndo os riscos psicosociais
  • Informar, formar e sensibilizar aos traballadores fomentando a súa participación en todo o proceso da avaliación
  • Proporcionar formación a todo o persoal en habilidades persoais
  • Aplicar medidas que favorezan un maior control e autonomía sobre o traballo
  • Garantir a igualdade e a equidad
  • Buscar apoio técnico e asignar recursos
  • Ter coñecemento sobre a transcendencia dos factores organizacionais na empresa
  • Garantir a vixiancia específica da saúde dos traballadores/as expostos a factores de risco psicosocial.

É necesario ter presente que o incumprimento das distintas obirgas que establece a Lei de Prevención de Riscos Laborais constitúe infracción, de distintos grados, da Lei sobre Infracciones e Sancións na Orde Social, que pode derivar no correspondente expediente sancionador.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *