Hoxe en día, as empresas convértense en espazos nos que as persoas desenvolven as súas capacidades persoais, relaciónanse e pasan gran parte do tempo ademáis de desempeñar unha profesión. Por iso, é crecente a tendencia de facer, dos espazos de traballo, lugares máis amables e participativos.

Segundo a propia Organización Mundial da Saúde, un lugar de traballo saudable é aquel no que as persoas traballadoras e o directivas colaboran na aplicación dun proceso de mellora continua para protexer e promover a saúde, a seguridade do lugar de traballo e o benestar de das mesmas.

Numerosos estudos demostran que potenciar un bo ambiente de traballo, saudable, permite obter beneficios para a persoa traballadora e para a empresa. Neste sentido, fomentar ámbitos de traballo saudables é bo para a saúde da persoa traballadora e para a produtividade, eficiencia e competitividade da empresa.

Emprega saudable é unha ferramenta para mellorar os ambientes laborais do territorio galego. Trátase, por tanto, dunha iniciativa que complementa ás accións encamiñadas a lograr o benestar das persoas traballadoras, máis aló da prevención de riscos laborais.

Os obxectivos de Emprega Saudable son:

  • Incrementar o número de persoas empregadas satisfeitas en Galicia.
  • Potenciar os ambientes de traballo saudables.
  • Reducir os índices de absentismo, baixas e accidentes laborais.
  • Mellorar a produtividade nas empresas galegas.

A ferramenta basease en tres procesos interconectados entre sí:

  1. COÑECER: nesta fase se responden ás preguntas de autodiagnóstico das que consta para coñecer que temas relacionados coa saúde e o benestar no traballo están a desenvolverse na empresa. O cuestionario consta de 12 preguntas tipo test que fan relación a 10 áreas de actuación dentro da empresa: estratexia e compromiso da dirección, implicación das persoas e comunicación, responsabilidade social, medición da saúde e o benestar, redución do tabaquismo, fomento da actividade física, impulso á alimentación saudable, actuacións en saúde, control do estrés e riscos psicosociais, compromisos e certificacións.
  2. APLICAR BOAS PRÁCTICAS: a empresa, tendo en conta o resultado do autodiagnóstico e da madurez de cada tema, aplicará boas prácticas dentro da súa organización.
  3. RE-AVALIAR: pasado un tempo, a empresa volverá a avaliar e comprobar a evolución dos niveis de benestar e saúde na empresa respondendo de novo ao cuestionario.

A ferramenta inclúe unha guía que comprende distintas prácticas saudables e exemplos concretos para implantar na empresa, descargable na web da Responsabilidade Social Empresarial (RSE) da Xunta de Galicia  https://rse.xunta.gal/index.php/gl/recursos/publicacions

Fonte: Xunta de Galicia   https://rse.xunta.gal

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *