A exposición ao amianto e ao radon pode aumentar a incidencia do cancro durante a actividad laboral, especialmente nos colectivos de profesionais que realizan tarefas que conlevan unha maior exposición a estes elementos químicos.
A CEC xunto coa CEG e con financiamento da Xunta de Galicia, organiza este curso de 20 horas de duración sobre Amianto e Radon: Xestión preventiva co fin de fomentar a mellora da prevención de riscos laborais no noso territorio.
É preciso inscribirse xa que o número de prazas é limitado.
O programa é o seguinte:
Amianto
- O amianto e as súas propiedades
- Identificación de materiais con presencia de amianto
- Riscos para a saúde
- Operacións que poden implicar unha exposición ao amianto e a importancia dos medios de prevención para minimizar a exposición
- Normativa aplicable
- Prácticas profesionais seguras, controis e os equipos de protección
- Función, elección, selección, uso apropiado e limitacións dos equipos respiratorios. Comprobación do seu funcionamento.
- Procedementos de emerxencia
- Procedementos de descontaminación
- Residuos: illamento, identificación e xestión
- Esixencias en materia de vixilancia da saúde
Radon
- O gas radon e as súas propiedades
- Conceptos básicos en radiactividade
- Riscos para a saúde
- Normativa aplicable.
- Métodos de medición. Exemplos prácticos
- Métodos de mitigación. Exemplos prácticos
Lugar: APECCO. Rúa Mendaña de Neyra, 28 A Coruña.
Datas e horario: Do 21 ao 24 de outubro de 16:00 a 21:00 h
Inscricións: pica aquí