Que son os TME?

Mais dun 30 % dos accidentes laborais notificados cada ano se deben aos sobresforzos, esto quere dicir que a día de hoxe, é a principal causa de accidentabilidade en España. Se se analizan as enfermidades profesionais a situación é mais preocupante, ao redor do 70% de todas as enfermidades profesionais están relacionadas cos trastornos musculoesqueléticos (TME).

O termo TME describe as estruturas que afectan (osos, articulacións, estruturas periarticulares e músculos) e inclúe todo tipo de artrite, dor lumbar, enfermidades óseas, reumatismos das partes brandas con dor rexional ou xeralizado e enfermidades sistémicas do tecido conectivo. Os TME inclúen un espectro amplo de condiciones que va desde enfermidades de inicio agudo o subagudo hasta outras de larga evolución. Por lo xeral se asocian con dolor y limitación de la mobilidade con particularidades nas súas manifestacións clínicas, morbilidade e mortalidade.

Cales son os TME mais frecuentes?

Os problemas de saúde abarcan desde a incomodidade, molestias e dores ata cadros médicos mais graves como epicondilite, ganglións, lumbalxias, que obrigan a solicitar a baixa laboral e  recibir tratamento médico.

Os  TME  mais frecuentes na extremidade superior son:

  • Tendinite do manguito dos rotadores
  • Epicondilite
  • Epitrocleitie
  • Síndrome do túnel carpiano
  • Ganglión

 

Os TME mais frecuentes nas costas son:

  • Síndrome cervical pola tensión
  • Lumbalxia

 

O TME mais frecuente na extremidade inferior es:

  • Bursite prepatelar

 

Os  TME na empresa conlevan:

  • Absentismo
  • Persoas traballadoras enfermas no traballo
  • Xubilacións anticipadas ou forzadas.

 

Principais factores de risco

Moitos factores poden contribuír, por si solos ou en combinación, á aparición de TME pero pódense destacar:

  • a aplicación de forza física; como a empregada para o levantamento, transporte, tracción ou empuxe de cargas
  • os traballos esgotadores ou repetitivos
  • as posturas forzadas e posturas estáticas, como ocorre cando se permanece de forma prolongada en posición vertical ou sedente o se manteñen as mans por riba do nivel dos ombros
  • a presión directa sobre o corpo de ferramentas e superficies
  • os movementos repetitivos polas vibracións… en todo o corpo e nos brazos e mans
  • as condicións ambientais: contornas de traballo frías…

 

Ademais, no  deseño de calquera posto de traballo é importante considerar a carga mental e os factores psicosociais, é dicir, o axuste e a adecuación entre as esixencias de actividade mental necesarias para a execución do traballo e as capacidades de desempeño da persoa.

Os factores individuais como historial médico, capacidade física, idade, obesidade, tabaquismo tamén contribúen á xeración de TME.

As persoas empresarias teñen que cumprir os principios da acción preventiva establecidos no artigo 15 da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais: é unha obrigación:

  • Evitar os riscos
  • No caso de non ser posible, haberá que avalialos e combatelos na súa orixe
  • Adaptar o traballo á persoa, en particular no que respecta á concepción dos postos de traballo, así como á elección dos equipos e os métodos de traballo e de produción, con miras, a atenuar o traballo monótono e repetitivo e a reducir os efectos do mesmo na saúde.

 

Os riscos ergonómicos débense xestionar adecuadamente para obter lugares de traballo mais seguros.

 

Medidas preventivas

 Para levar ao cabo unha adecuada xestión, a persoa empresaria necesita:

  • Decidir quen liderará o proceso
  • Revisar os recursos dispoñibles
  • Decidir como e cando terá ás persoas traballadoras informadas e involucradas
  • Decidir que facer ante a presencia de TME nos traballadores
  • Identificar os TME no lugar de traballo
  • Establecer prioridades para abordalos
  • Acordar que accións se tomarán: adaptación do posto de traballo á persoa, automatizacións da elevación e transporte de cargas, cambio da altura dos obxectos que deben ser levantados, mellora dos pavimentos para unha mellor postura de pé, adaptación á innovación tecnolóxica,
  • Tomar accións e facer avaliación das mesmas.

 

Fontes: Instituto Nacional de Seguridad y Salud en el Trabajo (INSST)   https://www.insst.es/riesgos-ergonomicos-trastornos-musculoesqueleticos

Organización Mundial de la Salud (OMS) https://www.who.int/occupational_health/publications/en/pwh5sp.pdf

Agencia Europea para la Seguridad y Salud en el Trabajo                            https://osha.europa.eu/en/tools-and-publications/publications/healthy-workers-thriving-companies-practical-guide-wellbeing/view

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *