Na Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo 2015-2020, ponse de manifesto a necesidade de impulsar e consolidar a cultura preventiva na sociedade, para o que é imprescindible a implicación e compromiso de todas e todos, mobilizando para a consecución dos seus obxectivos ás Administracións públicas para que promovan a integración da prevención de riscos laborais no conxunto das súas políticas, así como ás organizacións empresariais e sindicais con maior representatividade, imprescindibles para lograr que as políticas preventivas cheguen ao ámbito laboral.

Así mesmo, indica que a mellora das condicións de traballo reduce o custo derivado dos accidentes laborais e das enfermidades profesionais e, por tanto, debe servir de catalizador para o incremento da produtividade das empresas, o crecemento económico, a xeración de emprego no noso país e para mellorar a calidade de vida das persoas traballadoras.   Para lograr estes obxectivos é necesario a sensibilización en materia preventiva da sociedade española.

A Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo 2015-2020 promove o desenvolvemento de actividades de promoción e difusión da devandita cultura, que cheguen cada vez máis e mellor á sociedade no seu conxunto e non só ao empresariado e á poboación traballadora, senón tamén a outros colectivos como é o alumnado desde as súas primeiras etapas formativas pois nuns anos incorporaranse ao mercado laboral.

Na mesma sintonía atópase a Estratexia Galega de Seguridade e Saúde no Traballo 2017-2020 , que no seu Obxectivo 5 establece “Promover a mellora das condicións de seguridade e saúde no traballo, con especial atención a sectores, actividades empresariais, colectivos e empresas que presentan maior risco” e no seu obxectivo 6, “Potenciar unha formación de calidade en materia de prevención de riscos laborais e a consolidación dunha cultura preventiva na sociedade galega”

   Nesta liña o Issga organiza esta Xornada de título SECTOR HOSTELEIRO: GUÍAS PARA A XESTIÓN DO RISCO ERGONÓMICO E PSICOSOCIAL  E DE VIXILANCIA DA SAÚDE, na que se presentan dúas ferramentas necesarias,  unha para a xestión dos riscos ergonómicos e psicosociais e outra para a abordaxe da  vixilancia sanitaria específica das persoas traballadoras neste sector.

Data: 08/11/2019

Hora de comezo: 10.00 horas

Lugar: Centro Issga A Coruña

Doutor Camilo Veiras, 8 – 15006 A Coruña

Tel.: 981 182329. Fax: 981182332

Email: issga.coruna@xunta.gal

Inscrición: Web

PROGRAMA

09.45 RECEPCIÓN DE ASISTENTES E ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN

10.00 PRESENTACIÓN

Representante do Issga / Consellería de Economía, Emprego e Industria

10.15 APLICACIÓN DA “GUÍA PARA A XESTIÓN E AVALIACIÓN DOS RISCOS ERGONÓMICOS E PSICOSOCIALES NO SECTOR HOTELEIRO DO INSST.

Aitana Garí Pérez. (UT Psicosociología CNNT- INSST)

Teresa Álvarez Bayona. (UT Ergonomía CNNT- INSST)

11.15 CONTRIBUCIÓN Á MELLORA DAS CONDICIÓNS DE TRABALLO NO SECTOR HOTELEIRO. A EXPERIENCIA DO INSTITUTO CANARIO DE SEGURIDADE LABORAL.

Elirerto Galván Fernández. Director do Instituto Canario de Seguridade Laboral (ICASEL).

11.45 DESCANSO

12.15 VIXILANCIA DA SAÚDE DAS PERSOAS QUE TRABALLAN EN HOSTALERÍA

Valentin Esteban Buedo. Xefe do Servizo de Promoción da Saúde e Prevención no Entorno Laboral.SGPSP. Dirección Xeral de Saúde Pública e Adiccións.Consellería de Sanidade Universal e Saúde Pública. Generalitat Valenciana

12.45 COLOQUIO E PECHE

Representante do ISSGA /Consellería de Economía, Emprego e Industria

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *