A maternidade na PRL
A maternidade está contemplada na LPRL no artigo 25, indica o deber de prestar especial protección ás persoas traballadoras especialmente sensibles ante determinados riscos ou tarefas.
As condicións de traballo nas que desempeña a súa actividade poden repercutir na súa saúde, no curso do embarazo, na criatura e sobre a lactancia.
A persoa empresaria debe garantir a protección ás persoas traballadoras, que debido as súas características persoais ou ao seu estado biolóxico, poidan ser especialmente sensibles aos riscos derivados do seu posto de traballo.
Deben adoptar todas as medidas de protección necesarias, incluíndo a modificación, adaptación ou cambio de posto de traballo.
Todas as empresas que teñan mulleres en situación de embarazo ou lactancia, están obrigadas a efectuar unha avaliación de riscos específica. Tendo en conta estas traballadoras adoptaranse as medidas de prevención e protección especiais que resulten de dita avaliación.
O artigo 26 da LPRL refírese á protección da maternidade e especifica as obrigacións da empresa ao respecto:
- Realizar unha avaliación dos riscos que teña en conta a natureza, o grado e a duración da exposición das traballadoras en situación de embarazo ou parto recente a axentes, procedementos ou condicións de traballo que inflúan de xeito negativo na saúde e seguridade das traballadoras ou do propio feto.
- Adoptar as medidas necesarias para evitar a exposición a dito risco.
- Ante la imposibilidade de adaptación das condicións ou do tempo de traballo solicitarase un certificado aos Servizos Médicos do Instituto Nacional da Seguridad Social ou das Mutuas e co informe do médico de familia ou especialista que atende á traballadora, deberá efectuarse un cambio de posto de traballo ou función diferente de xeito que sexa compatible co seu estado.
- Se non existe tal posto de traballo, a traballadora poderá ser destinada a un posto non correspondente ao seu grupo ou categoría equivalente, conservando o dereito ás retribucións do seu posto anterior.
- Se o cambio de posto non é posible, a empresa poderá promover o paso da traballadora a unha situación de suspensión del contrato por risco durante o embarazo. Esta situación está contemplada no artigo 45.1.d do Estatuto dos Traballadores, e permanecerá en tal situación o tempo necesario para garantir a protección da súa seguridade e da súa saúde.
- Todo o anterior terase en conta durante o período de lactancia natural.
O ISSGA ven de publicar a campaña de difusión nas empresas galegas e entre as mulleres traballadoras A protección da maternidade no traballo é importante: O mires por onde o mires… TODO SUMA:
- Igualdade
- Seguridade
- Flexibilidade
- Conciliación
O Centro de Información sobre Prevención de Riscos Laborais da CEC ten como obxectivo informar a todas as empresas e asociacións empresariais sobre a normativa e as obrigacións existentes en materia de prevención de riscos laborais, así como prestarlles asesoramento e asistencia técnica para integrar a prevención no día a día das empresas.
Fonte:
Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos Laborais
Campaña Maternidade ISSGA: http://issga.xunta.gal/portal/contido/actividade/Maternidade.html?lang=es